InicioMedio Ambiente e PatrimonioOs muíños en fervenza do Folón e do Picón, broche final ás...

Os muíños en fervenza do Folón e do Picón, broche final ás andainas que uniron Caminha e A Guarda

PUBLICADO O

- Advertisement -

As andainas organizadas pola Cámara Municipal de Caminha e o Concello da Guarda co
obxectivo de coñecer a paisaxe e o patrimonio da comunidade galega e o país veciño
remataron na xornada do pasado sábado día 17 de novembro coa Ruta dos Muíños do
Folón e do Picón.

O peche do calendario deste ano 2018 realizouse nas terras veciñas rosaleiras coa ruta de
18 km polos Muíños do Folón e do Picón.

Os Muíños do Folón e do Picón son un grupo de 60 muíños en fervenza, declarados Ben de Interese Cultural ao constituír un rico patrimonio etnográfico. Xa aparecen mencionados en documentos do século XVII. Foi un recorrido de gran beleza, con panorámicas ao val do Rosal e Esteiro do Miño. Tamén se coñeceu a Capela na véspera da celebración de San Martiño.

ÚLTIMAS

Allegue protesta polo acto de Caballero e Regades na ETEA: “Menuda propaganda sen convidar á Xunta”

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, denunciou este mércores...

Médicos de Atención Primaria maniféstanse en Vigo contra a sobrecarga laboral

Decenas de médicos de Atención Primaria de toda Galicia concentráronse este martes pola tarde...

O BNG de Vigo demanda un cambio radical ante a crise industrial e a emerxencia laboral na cidade

O BNG de Vigo reclamou á Xunta de Galicia e ao Concello un cambio...

Vigo volve mirar ao Mundial: Caballero anuncia novos pasos para ampliar Balaídos ata 43.000 espectadores

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este martes que “xa se están dando...