InicioMedio Ambiente e PatrimonioO Pazo da Raposeira abre as súas portas: descubre todo o que...

O Pazo da Raposeira abre as súas portas: descubre todo o que agocha este inmoble con séculos de historia

PUBLICADO O

- Advertisement -
Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

Pazo da Raposeira, unha das edificacións máis emblemáticas de Vigo, inicia un programa de visitas guiadas que permitirá á cidadanía coñecer de preto a súa arquitectura, xardíns e evolución histórica. Tras un proceso de rehabilitación integral, promovido polo Concello e financiado con fondos europeos, esta casa señorial do século XVII busca recuperar o seu protagonismo no panorama patrimonial da cidade.

As visitas, que comezarán en febreiro, terán unha duración de 40 minutos e permitirán descubrir os detalles históricos e arquitectónicos do pazo. Ademais do percorrido polo interior do edificio, os asistentes poderán pasear polos seus xardíns de estilo francés. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, destacou que esta iniciativa pretende “dar a coñecer un dos grandes pazos de Galicia e reivindicar Vigo como unha cidade con patrimonio histórico”.

Un pazo con séculos de historia

Pazo da Raposeira, tamén coñecido como Casa d’A Raposeira, foi mandado construír no século XVII por Antonio López Araúxo, rexedor perpetuo de Vigo. A súa construción inicial remóntase a 1625, cunha ampliación en 1712, cando se engadiron a torre, a capela e o patio de armas. O inmoble pertenceu a distintas familias da aristocracia galega, como os Araúxo, Arce, Montenegro e Saavedra, sendo a súa última propietaria Rosario Montenegro López Saavedra, quen mantivo o usufruto ata o seu falecemento. En 2013 o pazo pasou a ser de titularidade municipal.

A construción destaca pola súa estrutura de granito e a súa distribución en forma de U, coa planta baixa destinada a servizos e adega, e a superior como residencia. Un dos elementos máis representativos é o seu hórreo de 12 metros de longo, sostido por 12 pés de granito, que reflicte a importancia agrícola da propiedade. A súa capela, independente do edificio principal, tamén se mantén en pé.

Sala interior do Pazo da Raposeira / Contrucciones Abal

O pazo, que chegou a estar practicamente abandonado, sufriu múltiples modificacións ao longo dos séculos. A súa localización, en Sárdoma, viuse afectada pola expansión urbana, quedando rodeado por unha gran área comercial. A cesión municipal en 1986 permitiu a construción dun hipermercado, reducíndose a extensión da propiedade a 4.800 metros cadrados.

Escudo no Pazo da Raposeira / Construcciones Abal

Xardíns do Pazo da Raposeira / Construcciones Abal

Un espazo para o uso sociocultural

A recente rehabilitación do Pazo da Raposeira busca non só conservar a súa historia, senón tamén dotar a cidade dun espazo para actividades culturais e veciñais. O proxecto implicou a restauración da estrutura interior de madeira, a recuperación dos materiais orixinais e a mellora das instalacións para garantir o seu uso.

Na finca, ademais dos xardíns de trazado francés, tamén se puxo en valor a zona da horta e a fonte histórica. O obxectivo da intervención foi revitalizar o contorno e integrar o pazo no tecido urbano, converténdoo nun punto de referencia patrimonial.

ÚLTIMAS

O pleno extraordinario de aprobación do novo PXOM celebrarase o 26 de maio

O goberno municipal de Vigo fixou para o vindeiro luns 26 de maio o pleno extraordinario...

O xerente da área sanitaria sobre as esperas dun mes para analíticas: “O aumento de peticións de probas é tremendo”

O xerente da área sanitaria de Vigo, Francisco Javier Puente, referiuse este luns ao aumento...

Detido un veciño do Porriño que deu unha malleira a un septuaxenario para roubarlle

O Equipo de Policía Xudicial da Garda Civil de Vigo detivo a un home de 42...

O festival de Cans 2025 arrinca coa retrospectiva internacional a Alejandro Loayza

A XXII edición do Festival de Cans arrinca este martes na aldea do Porriño...