InicioMedio Ambiente e PatrimonioPrecaución ante o empeoramento da calidade do aire na área de Vigo...

Precaución ante o empeoramento da calidade do aire na área de Vigo esta madrugada

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os niveis de contaminación do aire en Vigo alcanzaron á 1 da madrugada un preocupante pico de 79 µg/m³ de PM2,5, segundo os últimos informes ambientais de Meteogalicia e as catro estacións situadas en Vigo marcan niveis malos, salvo a de Coia que marca un dato peor “moi mala”. Este nivel supera amplamente as recomendacións da Organización Mundial da Saúde (OMS), que suxire un límite de 15 µg/m³ como promedio anual e 25 µg/m³ como promedio diario para garantir a saúde pública.

Estado da cidade de Vigo, vista dende o Meixoeiro

As partículas PM2,5, debido ao seu pequeno tamaño, poden penetrar profundamente nos pulmóns e entrar na corrente sanguínea, causando unha serie de problemas de saúde. Entre os efectos máis preocupantes están os problemas respiratorios, como a asma e a bronquite, así como un aumento no risco de enfermidades cardiovasculares e accidentes cerebrovasculares.

A OMS advirte que a exposición prolongada a altos niveis de PM2,5 está relacionada cun aumento na mortalidade prematura. A AEMET recomenda tomar precaucións, como evitar actividades ao aire libre en momentos de alta contaminación.

A situación non parece mellorar ao longo do día, coa chegada dunha masa de aire queten procedente de áfrica.

A XUNTA RECOMENDA NON REALIZAR ACTIVIDADES AO AIRE LIBRE

Así as cousas, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, recomendou a colectivos de risco que non realicen actividades continuadas no exterior debido á mala calidade do aire en zonas como Vigo e Costa da Morte. En declaracións aos medios de comunicación, Vázquez recoñeceu que a calidade do aire que se respira empeorou nas últimas horas na área de influencia de Vigo e da Costa da Morte debido ao fume que chega desde os incendios do norte de Portugal.

Segundo dixo, este pasado mércores o fume era visible en altura, pero non afectaba o aire que respiran os cidadáns. Con todo, isto cambiou este xoves, empeorando a súa calidade. Por iso, dixo que desde o Goberno galego continúanse realizando medicións e enviou unha mensaxe aos colectivos de risco para que procuren non levar a cabo actividades continuadas no exterior en zonas como Vigo ou Costa da Morte.

Ángeles Vázquez destacou que unha vez máis se constata que o problema do clima é “global” e sucesos que ocorren noutros países poden afectar o resto do mundo. “Ter o control a través das estacións situadas nos distintos lugares de Galicia dános a oportunidade de previr e é do que se trata. Facer a prevención para que despois non teñamos problemas. Estamos nesa fase de prealerta, polo que queremos trasladar a mensaxe á cidadanía, ademais do apoio aos nosos veciños portugueses”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Concentración en Vigo pola aumento de accidentes e ritmos de traballo no naval

Decenas de persoas concentráronse este xoves en Vigo para denunciar o aumento da sinistralidade laboral...

Chaman a manifestarse este sábado en Vigo contra o xenocidio en Gaza

A Plataforma Cívica Vigo Pro-Palestina, integrada por máis de 40 entidades sociais, veciñais, sindicatos e...

O TSXG ratifica a condena a 15 anos de cárcere o acusado de violar ao seu fillastro en Vigo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ratificou a condena a 15 anos...

A UVigo participa nun proxecto para a detección satelital de incendios

Aistech Space, Telespazio Ibérica e Kreios Space, en colaboración coa Universidade de Vigo (UVigo),...