A choiva de estrelas das Perseidas chegará esta fin de semana ao seu pico de actividade, entre o domingo 11 e o martes 13 de agosto, co máximo esperado na noite do 12 de agosto.
Así, esta fin de semana espérase unha taxa de meteoros que pode alcanzar ata 110 por hora. Este 2024, ademais, haberá algunhas das mellores condicións para gozar da máis famosa das choivas de estrelas do verán, xa que os ceos estarán despexados pola noite na maioría do territorio español e a lúa non será un gran impedimento para a visibilidade do ceo nocturno.
A pesar de que o pico máximo das Perseidas darase entre as 15:00 e as 18:00 horas do luns 12 de agosto (hora española peninsular), as mellores horas para observalas serán durante a noite e primeiras horas da madrugada. A lúa atoparase en cuarto crecente, pero ata o día 19 non entrará en fase de lúa chea, polo que non se espera que a súa luz sexa un gran impedimento para gozar das estrelas, informa eltiempo.es.
Cara a onde mirar?
O punto radiante das Perseidas, de onde parecen orixinarse os meteoros, está preto da estrela Mirfak (a Persei), na constelación de Perseo.

No hemisferio norte débese mirar cara ao nordés á noitiña, xusto á beira contraria de onde estea a lúa para que a luminosidade non moleste. Por iso, hai que localizar a constelación de Casiopea en forma de “W” ou “M”, dependendo da súa orientación no ceo nese momento.
Para localizar a Perseo, desde Casiopea hai que mover a mirada cara abaixo e cara ao leste a constelación de Perseo estenderase nesta dirección. Nese punto, identifícase Mirfak, a estrela máis brillante de Perseo, porque se poderá observar a área xeral de onde parecen orixinarse as Perseidas.
Tamén podes usar as aplicacións de busca de estrelas para o teu movil como Stellarium ou Sky Maps
10 consellos básicos
1. Busca un lugar escuro: Afástate das luces da cidade para evitar a contaminación lumínica. A previsión é de néboas polo que afastarse da costa tamén será a mellor opción.

2. Chega temperán: Atopa o teu lugar antes de que anoiteza para adaptarche á escuridade e atopar o mellor ángulo de visión.
3. Mira cara ao nordés: As Perseidas parecen irradiar desde a constelación de Perseo, que se atopa no nordés do ceo.
4. Non uses telescopios: As estrelas fugaces ven mellor a primeira ollada, xa que cobren unha área ampla do ceo.
5. Leva roupa de abrigo: Aínda que é verán, as noites poden ser frescas. Leva unha manta ou unha chaqueta para estar cómodo mentres observas.
6. Se paciente: A mellor hora para ver as Perseidas é despois da medianoite, cando a actividade é máis intensa.
7. Prepara algo de comida e bebida: Un picnic nocturno pode facer a experiencia máis agradable mentres esperas a que aparezan as estrelas fugaces.
8. Se queres fotografiar as estrelas tes que utilizar trípode, un obxectivo 15-50 mm , e exposicións de 20 a 30 segundos.
9. Ollo con facer lume no monte, está proibido pola alerta de incendio. Así que coidado coas cabichas.
10. No monte podes atoparse con cabalos e vacas salvaxes. Estarán durmindo pero cómpre non asustalos.
Desfruta destas noites máxicas.