InicioMedio Ambiente e PatrimonioO BNG propón que San Simón sexa declarada "lugar de memoria democrática"

O BNG propón que San Simón sexa declarada “lugar de memoria democrática”

Tras ser un "triste escenario da represión franquista".

PUBLICADO O

- Advertisement -

BNG rexistrou iniciativas nas Cortes Xerais para solicitar que a Illa de San Simón, na ría de Vigo, sexa declarada e protexida como “lugar de memoria democrática” tras ser un “triste escenario da represión franquista”. Así o avanzou a senadora do Bloque, Carme da Silva, quen pregunta tamén a opinión do Goberno central sobre esta proposta e sobre “se se está respectando a condición relativa ao acceso público e gratuíto” a esta illa, en vista de diferentes actividades que se celebran alí (por exemplo, concertos) “a cargo de empresas privadas”.

Segundo explicou Da Silva, a concesión vixente actual que ten a Xunta estipula que San Simón, que ten a declaración de ben de interese cultural (BIC), “non poderá dedicarse a usos distintos dos incluídos”, quedando “expresamente prohibido o uso hoteleiro”. Neste contexto, dado o pasado deste espazo vinculado á represión franquista, o BNG reclamará ao Estado que a illa sexa declarada “lugar de memoria democrática”, unha figura que contempla a nova lei aprobada en 2022 e que debe promover de oficio a dirección xeral competente na materia.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá o Congreso Internacional de Enxeñaría Naval en 2027

A 66ª edición do Congreso Internacional de Enxeñaría Naval celebrarase en Vigo en 2027,...

Deteñen un mozo de 22 anos con catro ordes de procura

A Policía Local de Vigo detivo este pasado xoves a un mozo, de 22...

O BNG chama a manifestarse o 30 de maio en Vigo ante a presenza dos reis polo desfile das forzas armadas

O BNG presentou este venres na súa sede comarcal de Ferrol a campaña 'Na...

A EFCA incrementa preto dun 5% as súas inspeccións en 2025, con 5.000 infraccións

A Axencia Europea de Control da Pesca (EFCA, polas súas siglas en inglés), con...