InicioMedio Ambiente e PatrimonioAs queimas quedan prohibidas en Galicia desde este venres, ainda que teñas...

As queimas quedan prohibidas en Galicia desde este venres, ainda que teñas un permiso concedido

A Xunta prohibiu desde este venres e ata novo aviso as queimas agrícolas e forestais realizadas por particulares.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta prohibiu desde este venres e ata novo aviso as queimas agrícolas e forestais realizadas por particulares.

Desta forma, quedan excluídas desa prohibición as queimas controladas que realiza o servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais debidamente planificadas e dispoñendo dos medios de extinción necesarios.

Así o informou o Executivo galego que detallou que “non dará” máis permisos e os xa concedidos “quedarán en suspenso” a partir deste venres.

A decisión tomárona tras valorar a evolución da situación meteorolóxica e unha vez analizados os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de lume.

Neste sentido, tamén argumentou que a normativa -Decreto 105/2006, polo que se regulan medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboación forestal- prohibe as queimas en cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control.

A Consellería do Medio Rural pide colaboración da cidadanía para que extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delituosa incendiaria da que teña coñecemento.

Ademais, o departamento que dirixe José González lembrou que está ao dispor dos cidadáns o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún incendio forestal.

ÚLTIMAS

Amazon defende as súas condicións laborais no Porriño tras a convocatoria de paros polo comité de empresa

Amazon defendeu este xoves as condicións de traballo do seu centro loxístico do Porriño,...

O Pleno de Vigo aproba os nomeamentos de Medallas e Vigueses Distinguidos entre críticas á “imposición” do goberno local

O Pleno do Concello de Vigo aprobou este xoves as propostas para denominar a...

O PP de Vigo esixe a Abel Caballero que aclare a situación das festas nos barrios e o futuro das atraccións

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, reclamou ao alcalde, Abel Caballero, que...

Aprazado ata abril o xuízo polo alixo de 3.000 quilos de cocaína no buque ‘Simione’

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acordou suspender...