InicioVigo e contornaVigoPiden ao Concello de Vigo que as obras no nacemento do río...

Piden ao Concello de Vigo que as obras no nacemento do río Lagares non afecten a contorna

Tras denuncialo ante o Concello, a asociación lamentou que se estean cortando varias árbores, o que está a xerar unha "importante preocupación veciñal".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación de Veciños e Empresarios do barrio vigués de Cabral (Aveeca) pediron este xoves ao Concello de Vigo medidas para que as obras que se están levando a cabo na área de protección do nacemento do río Lagares non afecten a contorna.

Nun comunicado, a entidade alertou sobre a execución destes traballos polo seu “previsible impacto ambiental”. Tras denuncialo ante o Concello, a asociación lamentou que se estean cortando varias árbores, o que está a xerar unha “importante preocupación veciñal”.

Aveeca teme que as obras non conten coa preceptiva licenza ou que os operarios estean a se exceder dos termos dun hipotético permiso.

Dado o notable valor natural desta paisaxe e o risco de que estas actuacións o poidan danar ou modificar de forma moi sensible, solicítase ao Concello que adopte, de ser o caso, as medidas necesarias para paralizar os traballos e devolver a contorna ao seu estado orixinal“, demandou.

ÚLTIMAS

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...

O ADN dá un xiro ao crime do Porriño: arquivada provisionalmente a causa contra o único investigado polo asasinato de Judith M.G.

As probas de ADN realizadas polo Instituto Nacional de Toxicoloxía no marco da investigación...

Vigo reorganiza o Entroido polo mal tempo e avisa: “Que treme Río de Janeiro”

O Concello de Vigo actualizou a súa programación de Entroido debido ás condicións meteorolóxicas...