InicioMedio Ambiente e PatrimonioBueu celebra o Día da Arquitectura na Illa de Ons por un...

Bueu celebra o Día da Arquitectura na Illa de Ons por un urbanismo sensible coa natureza

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Illa de Ons, un dos grandes emblemas culturais e medioambientais de Bueu, acolleu este luns o acto conmemorativo polo Día Mundial da Arquitectura, organizado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) e o Concello de Bueu.

A visita, cuxo obxectivo era informar sobre as diversas combinacións arquitectónicas deste espazo, estivo guiada polo arqueólogo Francisco Alonso, e nela participaron un total de 150 persoas.

Manuel Abelleira, presidente da delegación de Pontevedra do COAG, destacou que “é preciso abrir unha reflexión sobre a acción do home no medio ambiente, e lograr a sostibilidade no mesmo”.

Día da arquitectura en Ons/ Concello de Bueu

Abelleira mostrouse agradecido por este novo acto que se celebra nun lugar de Bueu, xustamente dous anos despois do que tivera lugar na vivenda de La Roiba, en Beluso. Na mesma idea abondou Félix Juncal, alcalde da vila.

O rexedor bueués destacou que “é preciso a cooperación de todas as institucións para que a nova sensibilidade no urbanismo sexa o instrumento de cara a conseguir o mundo mellor que desexamos, no que é moi importante a conservación e utilización polas persoas”.

A ruta comezou na igrexa, onde o arqueólogo fixo referencia a esa construción do barrio seguindo un modelo andaluz, para camiñar a continuación ata a praia de Canexol, onde as persoas asistentes puideron coñecer o xacemento arqueolóxico e aspectos relacionados coa construción singular das vivendas.

Día da arquitectura en Ons/ Concello de Bueu

Ao remate, os responsables da creación do proxecto do camping, explicaron que esta instalación se construíu segundo os conceptos de sostibilidade, e por iso toda a enerxía eléctrica é fotovoltaica, ademais de que a auga quente vén con captadores solares, e os materiais proveñen de madeiras autóctonas sen tratar. “Un bo exemplo de como a sostibilidade e o urbanismo son compatibles”, salientan desde o Concello.

Ao acto tamén asistiron outros concelleiros da corporación municipal, como Silvia Carballo, edil de promoción económica e turismo, Martín Villanueva, concelleiro de urbanismo, Teresa López, responsable de ensino e sanidade, Fidel Castro, de obras e servizos, Adrián Ferrer, de medio ambiente, Julio Villanueva, voceiro do grupo ACB- SON, ademais de Encarnación Rivas, Directora Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, e Maica Larriba, Subdelegada do Goberno en Pontevedra.

ÚLTIMAS

O Porto de Vigo retira os terreos do antigo Vulcano a Estaleiros San Enrique tras caducar a súa concesión

O consello de administración da Autoridade Portuaria de Vigo resolveu por unanimidade o expediente...

Mos ameaza con ir aos tribunais polo abandono da A-55 e da N-550

A xunta de goberno local de Mos aprobou este venres a formulación dun requirimento...

Un cargueiro á deriva fronte a Portugal é remolcado a Vigo tras quedar sen temón

O cargueiro Xeral Eikborg, de bandeira neerlandesa, está a ser remolcado este venres ata...

Sanidade garante a atención aos usuarios de Povisa e abre unha investigación polas denuncias de falta de médicos

A Consellería de Sanidade reiterou este venres que os usuarios do hospital vigués Hospital...