InicioMedio Ambiente e PatrimonioEliminados dous puntos de vertedura de augas residuais dunha instalación industrial en...

Eliminados dous puntos de vertedura de augas residuais dunha instalación industrial en Vilaboa

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, identificou a orixe destes puntos nunha liña de xestión das augas industriais xeradas na actividade, susceptibles de producir verteduras en condicións inadecuadas ao dominio público.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galiciaeliminou dous puntos de verteduras de augas residuais procedentes dunha instalación industrial asentada no concello pontevedrés de Vilaboa. Segundo informou a Xunta, estes focos foron localizados nas inspeccións rutineiras realizadas polos técnicos do Plan de Control de Verteduras, xunto coa Gardería Fluvial de Augas de Galicia.

Así, identificaron a orixe destes puntos nunha liña de xestión das augas industriais xeradas na actividade, susceptibles de producir verteduras en condicións inadecuadas ao dominio público. Ante a deficiencia observada, os técnicos requiríronlle aos responsables das instalacións a adopción das medidas correctoras oportunas. Os responsables da empresa procederon ao selado de dous puntos da liña susceptibles de ocasionar verteduras, solucionando así as verteduras irregulares ao dominio público hidráulico, como verificaron os técnicos da Xunta nunha nova inspección.

ÚLTIMAS

A auxiliar Akwel Vigo estima en cen os despidos dentro do ERE anunciado para setembro

A empresa auxiliar de automoción Akwel Vigo estima nun centenar os despedimentos no marco...

O PP de Vigo reclama retirar a Medalla da cidade a Pardo de Vera

O PP de Vigo volveu a pedir este mércores que se retire a Medalla...

Rescate aéreo dun mariñeiro enfermo a máis de 200 km da costa galega

O Servizo de Gardacostas de Galicia evacuou este martes ao tripulante dun palangreiro galego...

O BNG acusa a PSOE e PP de buscar a “morte por inanición” da Mancomunidade de Vigo

O BNG denunciou este mércores que PSOE e PP buscan "a morte por inanición"...