InicioSociedadeXunta e Porto de Vigo analizan vías de colaboración para avanzar na...

Xunta e Porto de Vigo analizan vías de colaboración para avanzar na loita contra o cambio climático

A Autoridade Portuaria forma parte desde setembro de 2022 da Alianza Galega polo Clima, unha iniciativa promovida pola Xunta que reúne esforzos que permitan situar a Galicia á cabeza das rexións europeas na loita contra o quecemento global.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A vicepresidenta seguda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Carlos Botana, acordaron seguir desenvolvendo vías de colaboración para avanzar na loita contra o cambio climático. Nunha reunión celebrada na tarde deste martes e da que informou a Xunta nun comunicado, ambas as autoridades coincidiron na necesidade de aproveitar as sinerxías comúns para impulsar proxectos conxuntos no contexto da defensa do medio ambiente e a sustentabilidade.

De feito, tal e como sinalou a vicepresidenta segunda, a Autoridade Portuaria forma parte desde setembro de 2022 da Alianza Galega polo Clima, unha iniciativa promovida pola Xunta que reúne esforzos que permitan situar a Galicia á cabeza das rexións europeas na loita contra o quecemento global.

A maiores, Ángeles Vázquez puxo en valor o compromiso da entidade neste ámbito coa implementación de medidas como o cálculo da Pegada de Carbono ou o desenvolvemento dunha ferramenta propia capaz de medir tanto as emisións propias como as xeradas pola actividade dos usuarios e concesionarios do porto de Vigo.

Nesa liña, a conselleira valorou o anuncio que lle trasladou o presidente da Autoridade Portuaria sobre a creación dunha oficina de cambio climático que dea asesoramento ás empresas en materia de descarbonización co obxectivo de seguir traballando no proxecto de Porto Verde cero emisións. Durante o encontro tamén abordaron cuestións como a aposta polos novos combustibles, as enerxías renovables e a captación de CO2 da man do proxecto Peiraos do Solpor.

PLISAN

Ademais, Ángeles Vázquez e Carlos Botana analizaron a evolución das obras do apartadoiro ferroviario da Plataforma loxístico industrial Salvaterra – As Neves (Plisan), que ten como obxectivo que todas as empresas emprazadas nesta área industrial poidan utilizar o tren para a subministración de materias primas, compoñentes e a distribución posterior dos produtos, xa que permitirá operar trens lanzadeira co porto de Vigo.

Este apartadoiro, que disporá dunha lonxitude de vías de 750 metros, enmárcase no proxecto de dotar á Plisan dun Centro intermodal de transportes, que permita conectar a que está chamada a ser a gran zona de actividades loxísticas da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal coa liña ferroviaria que transcorre pegada á mesma.

ÚLTIMAS

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como...