InicioMedio Ambiente e PatrimonioA foz do río Miñor: "un sumideiro a ceo aberto"

A foz do río Miñor: “un sumideiro a ceo aberto”

Ecoloxistas en Acción denuncia a gran contaminación de toda esta zona.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Ecoloxistas en Acción Rías Baixas denuncia as continuas  verteduras no río Miñor que degradan o Esteiro da Foz, en San Pedro da Ramallosa. Destaca que esta zona produtora de moluscos, e lugar de importancia comunitaria no marco da rede Natura 2000, atópase gravemente degradada debido á contaminación achegada principalmente polo río Miñor, con cargas fecais superiores ás normativas permitidas.

Os ecoloxistas denuncian que o foco principal desta contaminacion é a deficiente estación depuradora (EDAR) de Gondomar, ademais doutras verteduras incontroladas ao longo do río.  Esta EDAR recibe un caudal de augas fecais e pluviais que superan a capacidade da instalación, o que produce desbordamentos que acaban no río, na marisma e no mar. Na  vertedura da EDAR ao río Miñor, a auga presenta niveis intolerables de bacterias fecais e estes niveis increméntanse en máis dun 50%, augas abaixo da vertedura da estación depuradora, debido ás verteduras incontroladas sen depurar. 

“A situación aseméllase á dun sumidoiro a ceo aberto. Os niveis de contaminación rexistrados nos últimos anos na Foz do Miñor, non fixeron máis que aumentar. Pasou de Zona C a Pechada polos altísimos niveis de E. Coli que chegaron ás 160.000 bacterias por cada 100 gramos de molusco, máis de tres veces a cantidade máxima permitida en ZONA C”, destaca Xaquín Pastoriza, voceiro de Ecoloxistas en Acción Rías Baixas.

No ano 2010 prohibiuse permanentemente a actividade marisqueira, da que dependían 60 familias.  Porén, as administracións levan todo este tempo mirando cara outro lado. As queixas das veciñanza, que chegaron ata á Comisión europea e mesmo desembocaron nunha recente acción artística. O Colectivo Eco-artístico Riquiñas en Acción (RAKA)colocou un “zurullo gigante” nas inmediacións da Ponte da Ramallosa, para chamar a atención sobre o estado da Marisma da Foz.

A gravidade deste problema xa foi reflexada no Informe Bandeiras Negras de 2022 de Ecoloxistas en Acción. Ese ano, a organización ecoloxista otorgoulle unha Bandeira Negra á Foz do Miñor por contaminación e mala xestión ambiental.

ÚLTIMAS

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...

A Fiscalía pide ano e medio de prisión para un home acusado de acosar con insultos homófobos a un traballador en Vigo

Un home de 39 anos enfróntase a unha petición fiscal de ano e medio...