InicioMedio Ambiente e PatrimonioA foz do río Miñor: "un sumideiro a ceo aberto"

A foz do río Miñor: “un sumideiro a ceo aberto”

Ecoloxistas en Acción denuncia a gran contaminación de toda esta zona.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Ecoloxistas en Acción Rías Baixas denuncia as continuas  verteduras no río Miñor que degradan o Esteiro da Foz, en San Pedro da Ramallosa. Destaca que esta zona produtora de moluscos, e lugar de importancia comunitaria no marco da rede Natura 2000, atópase gravemente degradada debido á contaminación achegada principalmente polo río Miñor, con cargas fecais superiores ás normativas permitidas.

Os ecoloxistas denuncian que o foco principal desta contaminacion é a deficiente estación depuradora (EDAR) de Gondomar, ademais doutras verteduras incontroladas ao longo do río.  Esta EDAR recibe un caudal de augas fecais e pluviais que superan a capacidade da instalación, o que produce desbordamentos que acaban no río, na marisma e no mar. Na  vertedura da EDAR ao río Miñor, a auga presenta niveis intolerables de bacterias fecais e estes niveis increméntanse en máis dun 50%, augas abaixo da vertedura da estación depuradora, debido ás verteduras incontroladas sen depurar. 

A situación aseméllase á dun sumidoiro a ceo aberto. Os niveis de contaminación rexistrados nos últimos anos na Foz do Miñor, non fixeron máis que aumentar. Pasou de Zona C a Pechada polos altísimos niveis de E. Coli que chegaron ás 160.000 bacterias por cada 100 gramos de molusco, máis de tres veces a cantidade máxima permitida en ZONA C”, destaca Xaquín Pastoriza, voceiro de Ecoloxistas en Acción Rías Baixas.

No ano 2010 prohibiuse permanentemente a actividade marisqueira, da que dependían 60 familias.  Porén, as administracións levan todo este tempo mirando cara outro lado. As queixas das veciñanza, que chegaron ata á Comisión europea e mesmo desembocaron nunha recente acción artística. O Colectivo Eco-artístico Riquiñas en Acción (RAKA)colocou un “zurullo gigante” nas inmediacións da Ponte da Ramallosa, para chamar a atención sobre o estado da Marisma da Foz.

A gravidade deste problema xa foi reflexada no Informe Bandeiras Negras de 2022 de Ecoloxistas en Acción. Ese ano, a organización ecoloxista otorgoulle unha Bandeira Negra á Foz do Miñor por contaminación e mala xestión ambiental.

ÚLTIMAS

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...

O ADN dá un xiro ao crime do Porriño: arquivada provisionalmente a causa contra o único investigado polo asasinato de Judith M.G.

As probas de ADN realizadas polo Instituto Nacional de Toxicoloxía no marco da investigación...

Vigo reorganiza o Entroido polo mal tempo e avisa: “Que treme Río de Janeiro”

O Concello de Vigo actualizou a súa programación de Entroido debido ás condicións meteorolóxicas...