InicioMedio Ambiente e PatrimonioA "pedra da serpe", o petróglifo que apareceu en Ponteareas 80 anos...

A “pedra da serpe”, o petróglifo que apareceu en Ponteareas 80 anos despois

PUBLICADO O

- Advertisement -

Hai 80 anos, Florentino López Cuevillas e Xaquín Lorenzo, recolleron e divulgaron no Boletín 321-326 de 1957 da Real Academia Galega a observación de dúas serpes, unha maior e outra menor que, baixo o titulo de “Unha nova inscultura serpentiforme na citania de Troña”, facían alusión a outro artigo de Xaquín Lorenzo en 1945 sobre “Un petroglifo inédito de Troña”. Dito achado permaneceu no esquecemento e dado por desaparecido ata este pasado mes de agosto cando o estudoso e fotógrafo Xoán Carnero, “Perico”, deu con el.

No primeiro artigo, Cuevillas e Lorenzo indican que o novo petróglifo descuberto con forma de serpe é unha posible imitación feita tardiamente, apuntando como data máis antiga o ano do abandono do castro (século I d. C.), algo que resulta evidente pola profundidade do sulco. Incluso indican a técnica: “grabada a pico”, metálico moi probablemente.

O achado non se atopa rexistrado nin catalogado tanto en Patrimonio como no propio Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), motivo polo que Bautista procederá a tramitación oportuna para a súa posta en valor dentro do conxunto do Castro de Troña.

Castro de Troña

O Castro de Troña foi declarado Ben de Interese Cultural na categoría de monumento polo decreto 403/2009 do 22 de outubro. Nel tiveron lugar diversas intervencións arqueolóxicas durante case a totalidade do século XX. Iniciou estas intervencións Enrique Peinador Vela. Dun xeito máis científico interviron Florentino López Cuevillas e Luís Pericot desde 1927, ademais das investigacións de Xurxo Lorenzo. En 1964 voltou escavar Manuel Fernández Rodríguez e entre os anos 80 intervén Hidalgo Cuñarro, Rodríguez Puentes, Abad Gallego, Torres Bravo e Perles Fontao.

Tras as intervencións arqueolóxicas de Florentino López Cuevillas e Luís Pericot entre os anos 1927-1930 deuse a coñecer o petróglifo serpentiforme en pedra exenta, coñecido popularmente como a “o petróglifo da serpe” ao redor da cal existe unha lenda como é habitual na cultura popular galega. Preto desta aparecen unha serie de petróglifos soliformes. O novo achádego da “serpe reptante” redescuberto por Perico sumaríase a esta riqueza arqueolóxica.

Por este motivo, a Concellería de Cultura de Pontearas porase en contacto cos técnicos de patrimonio da Xunta para que estuden e inclúan estes novos achados no catalogo, así como determinar a súa cronoloxía aproximada. O concello, unha vez estudados os petróglifos, procederá a sinalizalos -os catalogados e os non catalogados- xa que na actualidade só se atopa sinalizado o petróglifo da serpe.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Patrimonio autoriza a humanización do tramo máis próximo ao ascensor Halo da rúa Serafín Avendaño de Vigo

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude,...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Suspendido o transporte de ría en Vigo polas malas condicións meteorolóxicas

As navieras que operan as liñas de transporte na ría de Vigo, entre o...