InicioMedio Ambiente e PatrimonioProtexidas unha criptomeria xapónica e dous cipreses de Portugal de Mondariz-Balneario

Protexidas unha criptomeria xapónica e dous cipreses de Portugal de Mondariz-Balneario

rio.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Xunta incorporou ao catálogo galego de árbores singulares unha criptomeria xapónica e douss cipreses de Portugal localizados no municipio pontevedrés de Mondariz-Balneario.

A resolución foi publicada este luns no Diario Oficial de Galicia, tal e como explicou a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, durante unha visita ao Xardín Histórico de Mondariz-Balneario, onde puido coñecer os novos exemplares singulares, os primeiros deste concello.

A criptomeria xapónica conta con 27,8 metros de altura, 3,60 metros de perímetro e proxección de copa de 5 metros. Localizada xunto ao palco da música do Xardín Histórico do municipio, esta árbore aparece xa rexistrado na documentación fotográfica máis antiga do balneario, polo que se trataría dun dos poucos exemplares que perduran desde os momentos iniciais do xardín –datado entre 1873 e 1900–.

Polo que respecta aos Cipreses de Portugal, trátase de dous exemplares singulares que creceron xuntos, con menos de tres metros de distancia entre eles. Cunha altura de 20 e 23 metros e 2,80 e 2,14 metros de perímetro, respectivamente, teñen as súas copas entrelazadas e constitúen unha testemuña viva da introdución e uso das coníferas nos espazos axardinados de Galicia, cara ao último terzo do século XIX.

Acompañada polo rexedor, José Antonio Lorenzo, Do Campo lembrou que o catálogo galego de árbores singulares é unha ferramenta aberta e en constante actualización, xa que poden propor a inclusión de elementos novos os seus propietarios, as administracións, os centros de investigación ou asociacións e aquelas entidades públicas ou privadas que teñan entre os seus fins a protección da natureza.

No catálogo son susceptibles de incluírse todas aquelas árbores e formacións merecientes de protección en atención ás excepcionais características da súa porte, proporcións, idade, rareza, significación histórica ou cultural, interese científico, educativo, estético, paisaxístico ou calquera outra circunstancia especial.

ÚLTIMAS

Vigo converterase en abril no epicentro mundial da pesca sustentable co Global Sustainable Seafood Galicia Forum

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, reuniuse este mércores...

A familia do vigués falecido nun aeroxerador en Burgos defende a inocencia dos seus amigos: “Non teñen a culpa do ocorrido”

A familia de Yibrán Javier Rodríguez, o mozo vigués de 23 anos que faleceu...

Caballero acusa á Xunta de “afundir” parte do campo de fútbol da ETEA e dálle cinco días para reparalo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, denunciou este mércores que a Xunta “afundiu” parte...

O Goberno vigués veta unha declaración institucional para pedir a fin das peaxes na AP-9

O goberno municipal de Vigo vetou este mércores unha proposta de declaración institucional, promovida...