InicioMedio Ambiente e PatrimonioIdentifican ao presunto autor de causar danos en varias árbores en Ponteareas

Identifican ao presunto autor de causar danos en varias árbores en Ponteareas

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Ponteareas e a Garda Civil identificaron na tarde deste xoves a un individuo como presunto autor de danos en tres árbores plantadas recentemente nas obras do camiño escolar seguro na rúa Trobador Xoán García de Guillade.

Segundo trasladou o Concello, varias persoas alertaron á Policía Local destes feitos e, tras desprazarse ata o punto, comprobaron os danos causados, tres árbores recentemente plantadas partidos pola metade.

Así, procederon a identificar á persoa que presuntamente ocasionou os danos, segundo relataron testemuñas presenciais, que tamén achegaron gravacións do ocorrido.

Ademais, esta mesma semana, axentes da Policía Local do municipio tamén identificaron e denunciaron por un delito contra o patrimonio a dúas persoas autoras de pintadas en edificios públicos.

ÚLTIMAS

Rueda reúnese cos responsables de Conxemar para impulsar o sector da pesca transformada en Galicia

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, celebrou esta semana un encontro na...

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...

A RAG abre en Vigo a Semana das Letras Galegas coa proxección dun documental sobre Begoña Caamaño

A Real Academia Galega (RAG) abre este luns en Vigo, cidade natal da homenaxeada...