InicioMovementos SociaisAcusan ao Plan Forestal galego de atentar contra a igualdade por non...

Acusan ao Plan Forestal galego de atentar contra a igualdade por non aplicar a “perspectiva de xénero”

PUBLICADO O

- Advertisement -

A asociación ambiental e cultural Petón do Lobo vén de denunciar que a Xunta “perpetúa roles masculinizados e patriarcais” nas súas políticas económicas, máis concretamente no que respecta ao Plan Forestal, que ao seu xuízo vai contra a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

Defenden que “a Xunta de Galicia esquece a transversalidade en materia de igualdade de xénero na elaboración da 1ª Revisión do Plan Forestal de Galicia e invisibiliza o importante dobre papel que a muller galega ten no monte, como propietaria e produtora forestal”.

Consideran que as mulleres “non foron escoitadas” para a elaboración do plan, porque “a pesar de que o Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro recolle a integración trasversal do principio de igualdade nas actuacións da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, o certo é que non se menciona na documentación sometida a información pública, o impacto que esta revisión forestal suporá tanto para mulleres como para homes”.

Carballeira bosque de Navia
Bosque autóctono: unha das carballeiras de Navia en perigo / Miguel Núñez

“Segundo o significado legal da transversalidade, e a pesares de que a propiedade do monte, nunha boa parte está en mans de mulleres, a Xunta de Galicia non integra a dimensión da igualdade de oportunidades na elaboración, execución e seguimiento da política forestal”, aseguran.

“As mulleres galegas teñen un papel case que invisible como transformadoras na industria madereira de Galicia, pero si un papel destacado como productoras, datos que se invisibilizan na documentación do Plan forestal, e esta situación é preciso que mude de inmediato e se respete a lei e a normativa da Unión Europea en materia de igualdade“, defenden.

Engaden desde Petón do Lobo que “a pesar de que a Lei fala da consecución da igualdade de oportunidades na política económica, laboral e social, o certo é que tanto o documento de diagnóstico como o de avaliación ambiental e as actuacións previstas non contemplan os impactos que a norma vai a supor para as mulleres galegas”.

fume lume incendios
Un paisano camiña cara o incendio do monte rodeado por un fume denso/ Miguel Nuñez

“A Xunta de Galicia elaborou un documento sen ter en conta a integración da perspectiva de xénero na actividade estatística do sector público galego relacionado co sector forestal, polo que se descoñecen as eventuais repercusións que en cuestións de xénero vai a ter o Plan forestal de Galicia, tal e como esixe o artigo 9 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro”, critican.

Polo tanto, esixen “que o órgano superior en materia de igualdade de xénero en materia de igualdade informe sobre os impactos que esta 1ª Revisión do Plan forestal de
Galicia vai a supor tanto para o colectivo de mulleres como para o de homes, e se adopten as actuacións pertinentes encamiñadas á consecución da igualdade neste sector económico chave para a economía galega”.

Queremos saber se se vai a contar coas mulleres produtoras para participar nesta suposta “economía verde” e se estas están dacordo con estes obxectivos”, reclaman.

Incendio fornelos de montes ,rebaño de cabras
Unha muller leva ás súas cabras polos montes queimados de Fornelos despois dos incendios de outubro / Miguel Núñez

Defende esta asociación que “ata o de agora, en todas as políticas económicas importantes de Galicia, como é o sector eólico, o plan básico autonómico, as directrices da paisaxe, as directrices de ordenación do litoral,…etc., non se aplicou o principio de transversalidade para valorar o impacto destas políticas no colectivo feminino, polo que a Xunta de Galicia continúa na práctica a perpetuar os roles masculinizados e as prácticas consuetudinarias e patriarcais na elaboración e execución da política económica e de ordenación do territorio en Galicia”.

“A política forestal da Xunta de Galicia está sentenciada ao fracaso, antes incluso do seu comezo, se non se teñen en conta ás propietarias e produtoras forestais de Galicia. Tan só en parroquias da Costa da Morte como o caso de Corcoesto, Cereo e Valenza, o 93% da propiedade do monte está en mans de mulleres”, concluíron.

ÚLTIMAS

A paralímpica Susana Rodríguez: “Ter unha ‘Barbie’ serve para poder compartir a miña historia”

A triatleta española Susana Rodríguez recoñeceu que é "unha pasada" ter unha boneca 'Barbie'...

Empregados de Vitrasa volven manifestarse para pedir “un convenio digno” ante a “parálise” das negociacións

Empregados de Vitrasa, a concesionaria municipal do transporte público de Vigo, saíron de novo este...

O Círculo de Empresarios avirte que o atraso do AVE do Eixo-Atlántico pon en risco outros investimentos

O Círculo de Empresarios de Galicia trasladou este venres a importancia de acelerar as comunicacións...

Un vehículo choca con outro e resulta envorcado en Vigo

O barrio vigués de Teis rexistrou na mañá deste venres un accidente de tráfico,...