InicioMedio Ambiente e PatrimonioEcoloxistas sinalan a Coren como un dos responsables da degradación ambiental do...

Ecoloxistas sinalan a Coren como un dos responsables da degradación ambiental do rural galego

Colocaron medio cento de sinais reclamando a prohibición da gandaría industrial. 

PUBLICADO O

A Coordinadora estatal Stop Gandaría Industrial, composta por máis de 70 organizacións estatais e internacionais, volve organizar unha semana de loita para denunciar e visibilizar o seu rexeitamento ás macrogranxas polos perigos ambientais, socio-económicos e de saúde derivados deste modelo intensivo de cría e engorde de gando. Activistas de Amigas da Terra, Ecoloxistas en Acción, Greenpeace e o Movemento Ecoloxista da Limia (MEL), acudiron ao maior centro de procesado de porco do país, as instalacións de Frigolouro no Porriño, da integradora Coren, e colocaron medio cento de sinais reclamando a prohibición da gandaría industrial

Con esta acción desenvolvida na comarca de Vigo, as organizacións pretenden tamén a sensibilización ante este problema ambiental nas contornas urbanas, as grandes consumidoras dos productos procedentes da gandaría industrial. Salientan a importancia de concienciar á cidadanía que vive “máis allea á contaminación da auga superficial e subterránea, aos malos cheiros, á degradación da terra, ao despoboamento rural, e que non ve nin escoita os animais amoreados nestas fábricas de carne, leite e ovos”.

CONTAMINACIÓN DA AUGA E CAMBIO CLIMÁTICO

A contaminación da auga por nitratos no Estado español é tan grave que levou á Comisión Europea a denunciar a España ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea por incumprimento da Directiva de Nitratos, o que podería rematar nunha multa millonaria.

Malia as reiteradas denuncias “a Xunta de Galicia segue sen declarar ningunha Zona Vulnerable á Contaminación por Nitratos, pese aos efectos nocivos que a gandaría está a causar en comarcas como A Limia, O Deza, Bergantiños ou A Terra Chá entre outras”, sinalan.

Así mesmo, tamén poñen o foco na gandaría intensiva que “é unha gran xeradora de gases con efecto invernadoiro (GEI) en toda a súa cadea de produción. Dende 1990 a emisións da mesma non paran de medrar, xunto a outras coma o transporte, mentres que as procedentes do sector enerxético baixan”. Galicia é, despois de Cataluña, a comunidade autónoma con maior xeración de GEI provocadas pola ganadería industrial, co 12% do total.

ÚLTIMAS

Vigo rexeita o “caciquismo” do PP na deputación ao “censurar” a relatoras por “causas políticas”

O pleno de Vigo aprobou este venres, cos votos do PSOE e do BNG, unha...

O PPdeG anuncia a “reconstrución” do partido en Vigo “coas mans libres” dos militantes

A xunta xestora do PP de Vigo, presidida por Ana Ortiz, presentouse este mércores formalmente...

Seis adultos e tres nenos quedan atrapados no ascensor Halo, inaugurado o pasado 16 de febrero

Nove persoas, seis adultos e tres nenos, quedáronse atrapados no ascensor Halo de Vigo,...

Capitanía Marítima inspeccionou 723 buques en 2023 e emitiu case 2.000 certificados de navegabilidade

Capitanía Marítima de Vigo inspeccionou o pasado ano un total de 723 buques e...