InicioDeportesO Porriño acolle a "gran festa" do motor galego con 120 pilotos

O Porriño acolle a “gran festa” do motor galego con 120 pilotos

A 55 edición do Rally Recalvi Rías Baixas presentouse este mércores no Concello e terá lugar este venres e sábado.

PUBLICADO O

O Concello do Porriño acolleu este mércores a presentación da 55 edición do Rally Recalvi Rías Baixas. A inscripción este ano “superou todas as expectativas” e serán 120 os pilotos que disputen a proba, segundo explicou o presidente da Escudería Rías Baixas, Fernando Mouriño. Entre eles, Oscar Palacios, Víctor Senra e os irmáns Vallejo.

O primeiro evento terá lugar o venres, co tramo Gondomar-Porriño ás 18:16 horas e a nocturna ás 21 horas, e o segundo, o sábado, acollerá dous importantes reagrupamentos, ás 12:44 horas e ás 17:47 horas. Mouriño destacou a vinculación do Rías Baixas co Porriño que, segundo apuntou, “vén de moi lonxe”. “O Porriño conta cunha importante tradición do mundo motor e grazas a pilotos como os que hoxe nos acompañan, que seguro que farán un bo papel, daremos un gran espectáculo a todo o mundo”. 

Mouriño quixo agradecer o apoio do Concello a esta proba, e destacou tamén que “a primeira clasificación que se pasou a ordenador no Campionato de España de Rallyes se fixo aquí no Porriño”. “Foi no ano 1967 en Zeltia, proba da estreita vinculación do Concello co Rías Baixas”. 

No mesmo sentido se expresou José Vicente Medina, o vicepresidente da RFEA, que
destacou que “o alto número de inscritos fan honor a que se trata dun evento consolidado, que non sería viable sen o respaldo dos concellos”. Medina salientou, ademais, que “o automobilismo deste nivel dá visibilidade a concellos que como o do Porriño teñen moito que ofrecer, creando riqueza e turismo”.

O concelleiro de Deportes, Abel Estévez, agradeceu á organización “a súa disposición a
traballar da man do Concello, xa que falamos dun deporte que conta con moitos adeptos no Porriño, polo que seredes todos ben recibidos”. Pola súa parte, o alcalde concluíu destacando que “durante dous días O Porriño será o protagonista nun dos maiores eventos do motor”.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...