InicioVigo e contornaO PorriñoO Festival de Cans saca a relucir o cinema galego nunha nova...

O Festival de Cans saca a relucir o cinema galego nunha nova edición

Este venres terá lugar a entraga do premio Pedigree ao director e guionista Jorge Coira.

PUBLICADO O

O Festival de Cans, que este ano se celebra do 1 ao 4 de setembro, entregará este venres o seu premio de honra ‘Pedigree 2021’ ao cineasta galego Jorge Coira, nunha xornada na que tamén se entregarán os ‘chimpíns’ de prata a Tamar Novas e Marisol González.

A xornada comezará cunha ruta literaria a cargo de Carlos Meixide, e con dous coloquios no Baixo de Carlos, nos que participarán, por unha banda, Jaione Camborda, Guillermo García, Álvaro Gago e Inbar Horesh e, na segunda das charlas, Celso Bugallo conversará con Tamar Novas, con motivo da publicación da autobiografía do primeiro.

Ao mediodía será a quenda do coloquio co hispanista Ian Gibson, que terá lugar no Torreiro e, a continuación, Andrés Goteira, Alejandro Marzoa, Jaione Camborda, Lucía Estévez e Guillermo García falarán sobre a elaboración de guións.

Xa pola tarde, tras os avances dos proxectos de Nuno Beato, Alfonso Zarauza, Javi Camiño, Marcos Nine e Andrés Goteira, estrearase o filme ‘9 fugas’, do vigués Fon Cortizo (no Baixo de Bugarín). A partir das 20,00 horas poderán verse en Cans as tradicionais procesións de ‘chimpibuses’ e o director brasileiro Kleber Mendoça Filho presentará unha retrospectiva das súas curtametraxes.

As homenaxes chegarán a partir das 21,30 horas, cando Keka Losada e Federico Pérez presentarán a estrea do documental ‘Cans con Máscara’ de Isaura Docampo, e entregaranse os ‘chimpíns’ de prata a Tamar Novas e Marisol González. Así mesmo, ademais da entrega de premios do concurso de videoclips, farase entrega do premio de honra ‘Pedigree 2021’ a Jorge Coira (que tamén terá a súa estrela no Torreiro).

A xornada completarase coa actuación de Maika Makovsky, a partir das 23,00 horas. A cantante mallorquina interpretará temas do seu último álbum, ‘MKMK’, e algunhas das súas cancións máis coñecidas.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...