InicioCulturaCans xa é o segundo festival máis seguido de Galicia, só por...

Cans xa é o segundo festival máis seguido de Galicia, só por detrás do Resurrection Fest de Viveiro

Os organizadores buscan jalpóns e novos patrocinadores.

PUBLICADO O

O Festival de Cans continúa traballando para poder organizar con éxito a XVI edición do certame, que se celebrará entre o 22 e 25 de maio. A organización do festival pon en marcha unha nova edición do curso de gravación, edición e montaxe de vídeo do chamado “Cans 303” -en honor do número de saída da autovía- a través do cal, calquera persoa que o desexe, pode adquirir primeiro nocións teóricas e finalmente rematar cun exercicio práctico colectivo,que será a realización dun documental.

O obxectivo destes cursos é achegar o audiovisual a xente con poucos ou ningún coñecemento sobre o tema, e ir facendo un traballo audiovisual de rescatar a memoria da aldea. En anos anteriores, os alumnos e alumnas do curso levaron a cabo traballos sobre os bares xa pechados, a emigración ou a educación, como foi o caso do pasado ano arredor da figura da mestra Dona Sara. O resultado do traballo deste ano poderá verse durante a próxima edición do festival.

A formación comezará este sábado 16 en Cans e prolongarase todos os sábados ata o remate de abril, entre 10h00 e 13h00 da mañá, ata sumar un mínimo de 30 horas de traballo. O curso terá un custe de 40 euros, pero haberá un desconto do 50% para as socias e socios da Asociación de veciños Castelo de Cans e os colaboradores e colaboradoras do festival. O prazo de inscrición está aberto ata este sábado 15 no teléfono 679433076 ou no correo electrónico cans303@festivaldecans.com.

E, como cada edición, Cans abre tamén o prazo para empresas que desexen patrocinar o festival ou particulares que desexen facer doazóns, que despois se verán favorecidos por unha deducción fiscal na súa renda.

Fernando Trueba en Cans
O cineasta Fernando Trueba, no coloquio cinematografico do Festival de Cans / Miguel Núñez

As persoas que estean interesadas en amadriñar ou apadrinar jalpóns ou en facer calquera proposta de patrocinio poden contactar co festival a través do mail patrocina@festivaldecans.com, ou mesmo a través das redes sociais do festival.

Ademais dos singulares jalpóns, o festival tamén ofrece a posibilidade de anunciarse con spots a través da pantalla xigante instalada no Torreiro durante o festival, un espazo moi solicitado o pasado ano por festivais de verán de Galicia e Portugal ou Concellos varios e moitas empresas locais.

Os patrocinios privados constitúen unha parte salientable da financiación privada de Cans e, ao mesmo tempo, repercuten na visibilidade das empresas, nun certame desta relevancia e da singularidade de Cans.

Según as últimas cifras que se poden consultar nas redes sociais esta mesma semana, Cans é o festival de cine máis seguido de Galicia con case 35.000 seguidores en Facebook, e mesmo o segundo incluíndo a todos os grandes festivais de música, xa que só está por detrás dun macrofestival como o Resurection de Viveiro.

Máis sorprendentes aínda son as cifras a nivel estatal, onde o Festival de Cans se sitúa no terceiro festival de cine con máis seguidores de España, só por detrás de xigantes como Sitges con 70.000 seguidores ou San Sebastián, con cerca de 50.000. Ademais, o Festival de Cans ten arredor de 8.500 seguidores en Twitter. As redes do festival están activas todos os días do ano, cuns seguidores ademáis moi activos, o mesmo que a súa páxina web, que ten o seu pico no mes de maio con case 80.000 visitas, das cales un 77% son novos visitantes.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...