InicioVigo e contornaMosA colisión de catro turismos na A-55 sáldase con tres persoas evacuadas...

A colisión de catro turismos na A-55 sáldase con tres persoas evacuadas en Mos

PUBLICADO O

A colisión de catro turismos rexistrada na mañá deste venres na A-55 saldouse con catro persoas asistidas, das cales tres foron trasladadas a centros hospitalarios. Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia, este accidente tivo lugar sobre as 8,30 horas na A-55 ao seu paso pola parroquia de Sanguiñeda, no municipio de Mos.

Varias persoas contactaron co 112 Galicia para alertar dunha colisión entre catro coches, ocorrida punto quilométrico 13 da estrada A-55. Nas chamadas, os particulares indicaron que había varias persoas que necesitaban asistencia médica, polo que, por parte do CIAE-112 Galicia informouse os servizos sanitarios e aos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local.

Ademais, tamén se lle facilitou a información aos Bombeiros do Porriño, ao GES de Mos, ao persoal de mantemento da vía e ao Centro de Xestión de Tráfico. Finalmente, o 112 tivo constancia, por parte dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, de que tres persoas resultaron feridas e necesitaron ser trasladadas.

Fontes sanitarias confirmaron a Europa Press que foron mobilizadas dúas ambulancias de soporte vital básico e unha de soporte vital avanzado para atender a catro persoas, unha das cales, unha moza de 20 anos, foi levada ao Hospital Álvaro Cunqueiro; e dous, un home de 75 anos e unha muller de 70, a outro centro hospitalario. Mentres, unha cuarta persoa, un home de 71 anos de idade, recibiu atención no lugar do sinistro, pero non necesitou ser trasladado.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...