InicioCulturaO folk metal de Mileth volve aos escenarios no que será o...

O folk metal de Mileth volve aos escenarios no que será o seu primeiro concerto dende o inicio da pandemia

Volven acompañados polo grupo valenciano Cuélebre.

PUBLICADO O

A mestura entre o metal e o folclore galego da banda viguesa Mileth volve aos escenarios no que será o primeiro concerto do grupo desde o comezo da pandemia. Será o sábado 27 de novembro na Sala Rebullón de Mos e non estarán sós: tocarán acompañados da anda de neofolk Cuélebre, fundada en Valencia, que visitará Galicia por primeira vez nos seus dez anos de traxectoria con motivo tamén do seu regreso á música en directo dende a irrupción da covid-19.

O grupo galego, instalado en Vigo pero fundado na Mariña lucense, interpretará as cancións do seu álbum Catro Pregarias no Albor da Lúa Morta, lanzado en 2019, cuxos concertos de presentación ficaron interrumpidos por mor da situación sanitaria.

O álbum, indican, plasma a súa mestura de instrumentos tradicionais ou cantareiras co metal extremo, acompañado dunhas letras que recollen as lendas e os costumes da Galicia máis mística e enxebre.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...