Atropelado un neno en Mos

Foi a Policía Local quen avisou ao 112.

Vehículo da Policía Local /. GARDA CIVIL

Un neno resultou ferido ao ser alcanzado por un vehículo na Avenida Sanguiñeda en Mos. Foi a Policía Local quen avisou ao 112 Galicia pasados uns minutos do mediodía deste luns.

Tras ter coñecemento do atropelo, por parte do CIAE 112 pasouse aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Baixo Miño e a Protección Civil.