InicioEconomíaMos, Baiona, Moaña... 14 concellos do sur de Pontevedra acadan axudas para...

Mos, Baiona, Moaña… 14 concellos do sur de Pontevedra acadan axudas para a promoción da nosa lingua

PUBLICADO O

111 concellos galegos benefícianse das axudas para a promoción do uso do galego desde o ámbito local convocadas no mes de marzo pola Consellería de Cultura e Educación, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

O departamento publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) a Resolución do 5 de xullo de 2018 pola que se conceden subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega, ao abeiro da convocatoria regulada na Orde do 16 de marzo de 2018.

As axudas distribúense na totalidade das entidades locais que solicitaron —individualmente ou agrupados con outros para alcanzar os 3.000 habitantes que esixe a convocatoria— subvención para a prestación de servizos lingüísticos baixo algunha das tres modalidades posibles: creación dun servizo lingüístico, mantemento dun servizo existente ou implementación de programas de dinamización lingüística.

As contías asignadas pódense consultar no Portal da Lingua Galega. As entidades beneficiarias poderán imputar os gastos derivados das accións normalizadoras que se realicen no período que vai desde o 1 de xaneiro ao 15 de outubro de 2018.

As subvencións apoian o financiamento de diferentes programas de dinamización, tanto nos concellos que contan con servizo lingüístico coma noutros 46 que, malia non dispoñer del, recibirán axuda para desenvolver actividades ou campañas de promoción do uso do galego, nomeadamente aquelas que redunden no aumento da presenza do galego no tecido económico empresarial (en consonancia co Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2016-2020 que está a desenvolver a Xunta de Galicia), no deporte, na mocidade, nas TIC e nos servizos sociais.

concellos que acadaron a axuda

Da Louriña, o único representante é Mos. Polo Condado- Paradanta, As Neves, Mondariz, Ponteareas e Salvaterra do Miño. Tódolos concellos do Morrazo reciben a bolsa: Bueu, Cangas e Moaña. A comarca que máis fai a prol da lingua galega?

Do Val Miñor, Baiona e Oia. Na contorna viguesa tamén hai un nutrido grupo de representantes: o propio Concello de Vigo e tamén Pazos de Borbén, Redondela e Soutomaior. Só queda fóra Fornelos de Montes.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...