InicioVigo e contornaMosO Sergas convoca cribados en Mos tras entrar no nivel máximo de...

O Sergas convoca cribados en Mos tras entrar no nivel máximo de restricións

Este sábado entran en vigor as novas medidas declaradas pola Xunta.

PUBLICADO O

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) convoca cribados esta semana no municipio pontevedrés de Mos, que pertence á Área Sanitaria de Vigo e conta na actualidade con nivel alto de restricións e entrará este sábado en nivel máximo debido á incidencia da Cocid-19.

Segundo informou a área Sanitaria de Vigo, este mércores un equipo de profesionais sanitarios desprazarase a Mos onde están citadas unhas 5.000 persoas para unha proba PCR no Pavillón Óscar Pereiro.

Así mesmo, este sábado, 29 de maio, está prevista a realización dun cribado aos traballadores e usuarios do centro Leroy Merlin no mesmo municipio de Mos.

Mos conta con limitación de reunións de persoas convivientes en espazos privados entre a 1,00 e as 6,00 horas; no municipio non está permitido o consumo no interior dos establecementos de hostalaría e restauración e a ocupación das terrazas destes locais ascende a un 50%.

Este sábado, desde as 00,00 horas, ao pasar a nivel máximo de restricións, como acordou o comité clínico, terá peche perimetral e a hostalaría pechada, salvo para servizo a domicilio.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...