Mos, no nivel máximo de restricións

Bueu e Moaña están no nivel medio.

Un cliente nunha terraza / Eduardo Sanz - Europa Press

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar o establecemento do nivel máximo de restricións nos concellos de Lobios, A Pobra do Caramiñal e Mos.

Así mesmo, o comité tamén determinou o nivel alto de restricións nos municipios de Ribeira, Ordes, Moraña, Ponte Caldelas e Viveiro. 

Ademais, as medidas do nivel medio serán de obrigado cumprimento nos concellos do Barco de Valdeorras, Moaña, Ponteareas, Cambados, Bueu, Boiro, Rianxo, Cee, Xove, Cervo, Vilalba e Monforte.

No resto dos concellos galegos estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo. Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro sábado, 29 de maio.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here