InicioMedio Ambiente e PatrimonioPiden a ampliación do parque natural do monte Aloia a toda a...

Piden a ampliación do parque natural do monte Aloia a toda a serra do Galiñeiro polo seu valor natural e social

A serra do Galiñeiro, chamada a ser no futuro "un verdadeiro pulmón e lugar de lecer e aprendizaxe da bisbarra".

PUBLICADO O

A Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro vén de alegar o Plan reitor de uso e xestión (PRUX) do parque natural do monte Aloia, sometido a información pública dende o pasado novembro ata o día 3 deste mes.

A alegación é para pedir que o citado parque natural sexa ampliado ata abarcar a totalidade da serra de Galiñeiro, “dado que eses son os límites fisiográficos da citada serra, e porque os valores do Galiñeiro son quen de merecer tal figura de protección“, subliñan.

“Hai que ter en conta que nesta parte norte da serra os elementos xeolóxicos e paisaxísticos, os hábitats, os valores botánicos e faunísticos, os elementos etnográficos e arqueolóxicos e o potencial científico, educativo e de esparcimento social son nalgúns casos superiores aos do propio monte Aloia”, engaden.

Dende o ano 2010 esta plataforma loita pola protección da serra de Galiñeiro, denunciando diferentes atropelos aos que se ve sometida, nomeadamente o proxecto de parque eólico e a explotación mineira de Terras Raras.

Dende entón, esta plataforma ten posto de manifesto os valores naturais, patrimoniais e sociais da serra, e así mesmo os distintos colectivos e persoas que a compoñen teñen debatido sobre a figura de protección máis acaída para este espazo natural, chegando á conclusión de que a figura de parque natural é a adecuada, sen desbotar outras que tamén puidesen darlle a este territorio unha protección máis local dende os distintos concellos que a forman ou dende as comunidades parroquiais que teñen territorio nela.

Serra da Peneda (Portugal), plena natureza/ Miguel Núñez

Solicitan a ampliación do parque Natural Monte Aloia por valores de todo tipo, como son os xeolóxicos, de feito “toda a serra é un notorio Monte Illa ou inselberg referencia no relevo do sur de Galicia”.

A importancia petrolóxica e mineralóxica desta serra lévaa a ser considerada LIG (Lugar de Interés Geológico, código: 261001) polo “Instituto Geológico y Minero de España”. “Isto é debido a que as rochas que a forman teñen una composición química moi significativa e pouco habitual na Península Ibérica, e incluso a nivel mundial“, destacan.

As súas rochas conteñen minerais ricos en Terras Raras, algúns deles son a monacita, a fergusonita e a dingdaoenxita. Este último, atopado recentemente nesta serra, é a segunda cita mundial.

cores de outono
Outono na serra do Xurés (Portugal)/Miguel Nuñez

Ademais, a serra do Galiñeiro está considerada como Área de Especial Interese Paisaxístico no Catálogo das Paisaxes de Galicia AEIP_08_20 Serra do Galiñeiro. Na ficha correspondente do Catálogo sinálanse algúns dos valores da serra.

En canto á biodiversidade, “aunque unha gran parte do Parque Natural Monte Aloia está ocupada por repoboacións de especies exóticas, pola contra a serra de Galiñeiro contén varios hábitats de Interese Comunitario amparados pola Directiva 92/43/CEE do Consello do 21 de maio do 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres”, destacan desde a Plataforma.

Ademais, “debido á orografía da serra e a situación xeográfica da mesma conflúen nela os ambientes mediterráneo e atlántico, polo que este espazo constitúe unha encrucillada fitoxeográfica onde se dan elementos montanos e continentais con elementos termófilos e litorais, así como elementos atlánticos con elementos mediterráneos, o que da lugar, incluso, á existencia de endemismos”.

No tocante á fauna, subliñan o valor de especies como a azulenta papuda, a rá patilonga, o sapo común ou o merlo azul, “especie de presenza moi escasa e localizada en Galicia, na zona máis septeptrional da Serra do Galiñeiro”.

Castiñeiros outono
Outono no Barco de Valdeorras / Miguel Nuñez

Ademais, “na serra de Galiñeiro vive unha poboación de cabalos en réxime de liberdade correspondente ao cabalo autóctono coa denominación de “Cabalo de Pura Raza Galega” que está incluído no catálogo Oficial de Razas de Ganado de España (Real Decreto 2129/2008, do 16 de decembro) e o no Grupo de Razas Autóctonas en Perigo de Extinción. Ademáis do valor intrínseco desta caste de cabalo, este animal exerce o papel de especie clave no mantemento dos hábitatas naturais da serra e da súa biodiversidade”.

E sen falar xa do etnográfico e arqueolóxico, “coa presenza na serra do panel de armas de “Auga da Laxe”, petróglifo de características únicas no continente europeo, e de campos de mámoas coma o de “Os Bromús” con tres mámoas, ou o do “Monte das Moutas” con sete”.

“Galiñeiro é un espazo rodeado por grandes núcleos de poboación galegos como os concellos de Vigo, Mos, O Porriño, Tui e Gondomar, ásí pois está chamado a ser no futuro un verdadeiro pulmón e lugar de lecer e aprendizaxe da bisbarra. Existen varias rutas oficiais de sendeirismo como o GR 53 Panorámico de Vigo, o PR-G1 Galiñeiro e o PR-G2 Aloia, que descorren pola serra de Galiñeiro, e son moi transitados”, conclúen.

ÚLTIMAS

Vigo rexeita o “caciquismo” do PP na deputación ao “censurar” a relatoras por “causas políticas”

O pleno de Vigo aprobou este venres, cos votos do PSOE e do BNG, unha...

O PPdeG anuncia a “reconstrución” do partido en Vigo “coas mans libres” dos militantes

A xunta xestora do PP de Vigo, presidida por Ana Ortiz, presentouse este mércores formalmente...

Seis adultos e tres nenos quedan atrapados no ascensor Halo, inaugurado o pasado 16 de febrero

Nove persoas, seis adultos e tres nenos, quedáronse atrapados no ascensor Halo de Vigo,...

Capitanía Marítima inspeccionou 723 buques en 2023 e emitiu case 2.000 certificados de navegabilidade

Capitanía Marítima de Vigo inspeccionou o pasado ano un total de 723 buques e...