InicioSucesosO desbordamento do río Louro no Porriño provoca o corte nunha estrada...

O desbordamento do río Louro no Porriño provoca o corte nunha estrada e numerosas inundacións

PUBLICADO O

- Advertisement -

As precipitacións caídas nas últimas horas provocaron o desbordamento do río Louro no municipio pontevedrés do Porriño, onde se tivo que cortar unha estrada e o paseo fluvial atópase alagado, segundo confirmaron a Europa Press fontes da Policía local.

As autoridades tiveron que cortar unha estrada na zona que une Atios con Torneiros e Pontellas, ao atoparse alagada tras a subida do caudal do río. Esta zona é frecuentada por peregrinos, que están a ser desviados por outras rutas alternativas.

Nesta liña, o paseo do Louro desapareceu baixa a auga. Ademais, as leiras e zonas situadas nas súas inmediacións están alagadas. Así mesmo, a Policía Local sinalou as precipitacións e o vento causaron a caída de numerosas árbores, así como o desprendemento de noiros de terra, que non causaron ningún accidente.

ÚLTIMAS

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...

O BNG volve pedir a retirada do busto de Juan Carlos I da entrada do Concello de Vigo

O BNG de Vigo volveu a reclamar este luns a retirada "permanente e definitiva"...

Detido en Vigo por ameazar cun coitelo a outro home durante unha pelexa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 25 anos de...