InicioSociedadeDeclaran culpable de malversación a unha traballadora do Porriño acusada de quedar...

Declaran culpable de malversación a unha traballadora do Porriño acusada de quedar con diñeiro de contratos con bandas

A Fiscalía pide que pague unha multa de 1.800 euros e impóñaselle inhabilitación especial para cargo público por tempo de catro anos

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xurado popular considerou culpable dos delitos que se lle imputan a unha traballadora do Concello do Porriño xulgada por quedar con parte do diñeiro de contratos con bandas de música. A Sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra xulgou durante esta semana á muller, á que o xurado considerou culpable no veredicto emitido este xoves.

Por estes feitos, Fiscalía solicita para ela dous anos de cárcere, ao considerala autora dun delito continuado de malversación. Ademais, tamén pide que pague unha multa de 1.800 euros e impóñaselle inhabilitación especial para cargo público por tempo de catro anos, así como o pago dunha indemnización de 1.270 euros ao Concello do Porriño.

Tal como recolle o Ministerio Fiscal no seu escrito de acusación, os feitos polos que foi xulgada remóntanse a 2016, cando a acusada se puxo en contacto cunha banda de música para concertar unha actuación para o Venres Santo.

O prezo era de 1.500 euros, ao que habería que restarlle 500 euros no caso de que a Deputación de Pontevedra subvencionase parte da mesma a través do programa ‘Pontegal’. Desta formal, a agrupación debería emitir unha factura polo importe total e, no caso de que finalmente fose concedida a axuda, devolver a súa contía ao Concello.

Así, unha vez aprobouse a subvención, a banda púxose en contacto coa acusada para saber como se debería devolver o diñeiro, dicindo ela “con ánimo de procurarse un beneficio indebido”, considera a Fiscalía, que tiña que ser en man. Días despois, o director da banda entregou os 500 euros á traballadora do Concello, que ingresou na súa conta persoal, segundo denuncia Fiscalía.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...