InicioDeportesJavier Rodríguez, policía do Porriño, proclámase campión do mundo de ciclismo en...

Javier Rodríguez, policía do Porriño, proclámase campión do mundo de ciclismo en Rotterdam

O axente impúxose nos XIX Xogos Mundiais de Policías e Bombeiros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Javier Rodríguez, axente da Policía Local do Porriño, proclamouse esta fin de semana campión do mundo en ciclismo nos XIX Xogos Mundiais de Policías e Bombeiros, que se disputaron na cidade holandesa de Rotterdam.

O axente é un veterano deste evento, no que compite dende o ano 2003 colleitando éxitos: catro medallas de ouro, tres de prata e dúas de bronce. Este ano, suma un novo ouro tras impoñerse na súa disciplina.

Este evento bianual, aberto á participación tanto de persoal en activo como de xubilados das forzas de seguridade e bombeiros de todo o mundo, é o segundo con maior participación a nivel mundial, só por detrás dos Xogos Olímpicos.

Desta vez acudiron á cita algo máis de 10.000 atletas de máis de 80 países. Os xogos constan de 63 disciplinas que van dende o ciclismo ao atletismo, pasando polo baloncesto, tenis, natación… e outras específicas, destes corpos de intervención como a carreira vertical, tiro policial ou subida de escaleiras.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, felicitou ao axente por este novo éxito: “coñecendo a Javi seguro non será o último” .

ÚLTIMAS

A Audiencia de Vigo xulga a 11 acusados de fabricar ‘narcolanchas’ en Galicia e Portugal

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle desde...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...