InicioSociedadeDenuncian a explotación de transportistas para Repsol: xornadas de 15 horas, sen...

Denuncian a explotación de transportistas para Repsol: xornadas de 15 horas, sen aire acondicionado…

PUBLICADO O

- Advertisement -

“Os golpes de calor acompañan a noticia das altas temperaturas, pero cando os “golpes de calor” os sofren traballadores, todos deberemos preocuparnos en que condicións traballan, e se traballan no transporte de mercadorías perigosas, a preocupación debe converterse nunha alerta”, subliñan desde a CIG Porriño.

Advirten dende o sindicato de que “o pasado luns día 6 dous traballadores sufriron golpes de calor, un deles acudiu ao médico a primeira hora estando de descanso, despois de queixarse durante toda a semana, quedando impedido para o traballo; o outro tivo que ser asistido por unha ambulancia na área de servizo da Cañiza, en xornada laboral e cun camión cargado de combustible, sendo trasladado a un centro do Sergas”.

Ambas traballadores pertencen á mesma empresa, unha das subarrendadas do centro de traballo de O Porriño de Panvelpa, transportista de Repsol á que, aseguran desde a CIG, “se lle permiten subarrendamentos co único fin de abaratar custos e, por suposto, acrecentar beneficios. Así foi o proceso polo que no 2016 foron despedidos 5 condutores de Panvelpa e substituídos por 8 condutores desta empresa subarrendada”.

“TOdos temos na retina o accidente da estrada italiana”

As condicións nas que traballan os condutores das subarrendadas resúmense nunha palabra para o sindicato, “sobreexplotación”: “Con xornadas de inicio a fin nestes meses de até 15 horas, con camións aos que se lle retirou o aire acondicionado (para reducir consumos) e con cabinas que ás 10 da noite, cando se usan para durmir, continúan con temperaturas de 45º, o cóctel perfecto para minguar as mellores condicións físicas de calquera persoa”.

Todo, denuncia a CIG, “en detrimento da seguridade de quen traballa e de todas aquelas persoas que tamén poidamos andar pola vía pública”. A CIG puxo en coñecemento da Inspección de Traballo esta situación, “pois todos temos na retina o recente accidente nunha autoestrada italiana, como para non preocuparse….”

ÚLTIMAS

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...