InicioVigo e contornaO PorriñoZendal segue medrando e merca o 46% dunha empresa sanitaria catalá

Zendal segue medrando e merca o 46% dunha empresa sanitaria catalá

O grupo afincado no Porriño troca no novo socio de Maymó.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo porriñés Zendal adquiriu o 46% da empresa catalá Maymó, especializada no ámbito da saúde animal. Segundo trasladou este martes a compañía con base no municipio pontevedrés do Porriño, a biotecnolóxica convértese no novo socio estratéxico deste grupo integrado por Laboratorios Maymó –situada en Barcelona–, Iven –con sede en Madrid– e Mayvet –filial en México–.

A operación enmárcase na estratexia de crecemento de Zendal, que ten no campo da saúde animal un dos seus campos primordiais. A alianza das compañías galega e catalá pretende “impulsar e reforzar a súa aposta pola investigación e a innovación con proxectos en común”, segundo resalta Zendal nun comunicado.

ÚLTIMAS

Competencia detecta indicios de prácticas irregulares no contrato de 470 millóns do bus urbano de Vigo

A contratación pública constitúe un dos principais mecanismos polos que as administracións deciden como...

O home que apuñalou a súa exmuller cunha lanza en Vigo será xulgado tamén por tentar matar a un policía

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá o...

Un camión en chamas na AP-9 provoca retencións quilométricas á entrada de Vigo

Un camión incendiouse este luns na autoestrada AP-9, á entrada de Vigo, provocando retencións...

“Máis recursos e menos discursos”, resposta Feminista chama a mobilizarse o 25N en Vigo

O colectivo Resposta Feminista presentou este luns en Vigo a manifestación que convocan con...