InicioCulturaLois Patiño, Eloy Domínguez, Ángel Santos, Guillemro OLiveira e Lucía Estévez, entre...

Lois Patiño, Eloy Domínguez, Ángel Santos, Guillemro OLiveira e Lucía Estévez, entre os autores que competirán no Festival de Cans

Once das doce obras seleccionadas na categoría de ficción serán estreas, seis delas estreas absolutas e outras cinco estreas en Galicia. O Festival de Cans segue a apostar pola creación feminina, con catro curtas de ficción dirixidas por mulleres a concurso, nesta edición na que ficción e animación competirán na mesma

PUBLICADO O

A XIX edición do Festival de Cans, que se celebrará do 18 ao 21 de maio, vén de anunciar as curtas de ficción a concurso na sección oficial do certame. Son un total de doce obras, das que once serán estreas, seis delas son estreas absolutas e outras cinco que se proxectarán por vez primeira nun festival en Galicia.O certame terá este ano unha colleita excepcional na categoría de ficción, na que combirnará filmes de directores experimentados, con percorrido na longametraxe, coma Lois PatiñoEloy Domínguez SerénÁngel Santos ou Guillermo de Oliveira, con outros emerxentes como Lucía EstévezDavid Fidalgo ou Alejandro Rodríguez, realizadores premiados en Cans en edicións anteriores como David FidalgoFran X Rodríguez ou Pedro Díaz, e cineastas máis novas como Cris Yáñez ou Lucía Cotelo.

Nesta edición, hai un total de seis mulleres na dirección de catro das obras a concurso, o que supón un incremento da presenza feminina, en liña co compromiso do festival por visibilizar o traballo das realizadoras. A competición da sección oficial terá lugar o día grande do Festival de Cans, o sábado 21 de maio, e desde este luns están á venda as entras na tenda online do festival.

 HABERÁ ONCE ESTREAS

Entre as curtas de ficción a concurso hai dúas de animación, que este ano compiten na mesma categoría. Paula Calviño, Alba Otero e María Jácome estrean Efecto caracola, transportándonos ao mundo onírico dunha rapaza que foxe da asfixiante rutina. En Reaction, o que fora finalista dos Goya con Homomaquia, e habitual da competición en Cans, David Fidalgo, amósanos co seu estilo singular,  as reaccións de distintas mascotas ante imaxes sacadas dos medios de comunicación.Tamén será estrea absoluta nesta edición La entrega, do realizador Pedro Díaz que regresa a Cans, despois do seu éxito en 2013 con Mal de Sangue.

A súa nova curta, protagonizada polo histórico Ramón Barea, narra en ton de comedia a vida dun ancián que non sae da casa desde hai unha década debido a un trauma. Cris Yáñez, formada na Universidade de Vigo e a quen vimos medrar na sección Novas Camadas, estreará Dúas Cores, con Mela Casal e Melania Cruz no reparto e protagonizado por dúas nenas que comparten aventuras e xogos durante o verán.Xineceo, a historia de dous preadolescentes da debutante carballesa Laura Cotelo, súmase ás estreas en Cans, xunto con Devoradora de nenos, de Fran X. Rodríguez, outro cienasta coñecido polo público do festival, premiado co Can de Pedra e o Premio do Público en edición pasadas polas súas obras Ladróns de Tempo e O Neno Bonito.

Eloy Domínguez Serén, que o pasado ano gañou na categoría Furacáns con Os Corpos, volve a Cans asinando Rompente, a que podería ser unha das curtas do ano, coa que vén de recibir o premio á mellor curtametraxe no Festival de Málaga. Será a estrea en Galicia desta obra, un duro retrato dunha parella moi nova nunha vila costeira, cun fillo pequeno e unha penosa situación familiar.A relación entre dous irmáns que se reencontran en Nido, de Alejandro Rodríguez, director que este ano fai dobrete competindo tamén na sección Furacáns, é outra das ficcións a concurso, xunto á estrea en Galicia do western Sauerdogs, do vigués Guillermo de Oliveira, quen fora finalista do Goya ao mellor documental con Desenterrando Sad Hill.

Despois do seu paso pola longametraxe, Lois Patiño asina con Matías Piñeiro a fermosa Sycorax, filme estreado na Quincena de realizadores da última edición de Cannes, exhibido no TIFF de Toronto, e que está comezando un impresionante percorrido por algúns dos mellores festivais do mundo.Tamén volve ás curtas o realizador de Marín, Ángel Santos, que compite con Así vendrá la noche, filme que pasou polo FIC Xixón onde tamén se estreou O niño dos paxaros, da viguesa Lucía Estévez, unha interesantísima obra que hibrida ficción, non ficción e musical, partindo dunha historia familiar relacionada co seu pai.

XA Á VENDA AS ENTRADAS

A competición das curtas de ficción da sección oficial terá lugar o sábado, 21 de maio, día grande do Festival de Cans. A organización puxo este luns á venda as entradas individuais a un prezo de 12 euros.Os boletos poden adquirirse xa a través da tenda en liña do Festival de Cans, onde continúan á venda, a un prezo de 6 euros, os da sección Furacáns de curtas de non ficción. 

E quedan tamén as últimas entradas a 5 euros para a programación do Espazo Rei Zentolo  no Invernadoiro, un dos lugares máis singulares do festival. Alí terá lugar na tarde do sábado, 21 de maio a retrospectiva e a performance musical de Javi Álvarez, a metade do dúo Fluzo, e a presentación do documental La historia de un cantante de pub, de Óscar Vilanova, sobre o líder da banda do Leit Motiv Litus, mais a actuación que este dará a continuación con Pablo Novoa. A capacidade máxima será de tan só 100 persoas por concerto.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...