InicioCulturaO Festival de Cans selecciona 12 curtas para a súa sección Furacáns

O Festival de Cans selecciona 12 curtas para a súa sección Furacáns

A competición terá lugar o 21 de maio e xa se puxeron á venda as entradas para a sesión matinal e de tarde.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A organización do XIX Festival de Cans deu a coñecer este xoves a selección dunha ducia de curtametraxes que competirán na sección Furacáns, dedicada ás obras de non ficción que asumen “maior risco narrativo”, entre as que haberá 8 estreas (seis estreas absolutas e dúas estreas en Galicia).

O certame, que este ano se celebra do 18 ao 21 de maio, volveu apostar pola mirada de cineastas mulleres, e unha decena das curtas que concursan son obras asinadas por elas: Diana Toucedo, as irmás Also Sisters, Adriana Páramo, Aldara Pagán, Andrea Beade, Quiela Nuc, Claudia Pineda, Lucía Alonso, Antía Encisa, Yasmina Farahni e Silvia Muíña.

Así, no Festival de Cans proxectaranse as curtas ‘Noche de 2202’ (David Outón); ‘El viaje, 1988’ (Claudia Pineda); ‘Tatuado nos ollos levamos o pouso (Diana Toucedo); ‘Una sola nación’ (Silvia Muíña); ‘O que queda’ (Alejandro Rodríguez); ‘Autorretrato’ (Aldara Pagán); ‘Nós-Outros’ (Alicia Alonso); ‘Anatomía dunha serea’ (Adriana Páramo); ‘Aura’ (Also Sisters); ‘A cinquito, con derecho a tocar’ (Andrea Beade e Quiela Nuc); ‘Somos’ (Antía Encisa); e ‘Galice, Galice’ (Yasmina Farhani).

A competición da categoría Furacáns terá lugar o 21 de maio e xa se puxeron á venda as entradas para a sesión matinal e de tarde.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...