Sorprenden a un home furando as rodas de dúas furgonetas en Mos

Era coñecido pola Garda Civil por participar en actos contra furgonetas de Amazon.

Garda civil. GARDA CIVIL

A Garda Civil detivo na mañá deste sábado a un home que foi sorprendido cando picaba as rodas de dúas furgonetas na zona de Puxeiros, en Mos. Segundo informaron a Europa Press fontes da investigación, o home xa fora investigado pola Garda Civil por delitos de coaccións e por participar en actos contra furgonetas de Amazon.

O home foi sorprendido pola Policía Nacional sobre as 7,30 horas da mañá deste sábado cando portaba un desaparafusador, co que xa causara danos a dúas furgonetas.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here