InicioEconomíaLonza Biologics Porriño adquire 102.000 metros cadrados da Plisan

Lonza Biologics Porriño adquire 102.000 metros cadrados da Plisan

A compañía investiu máis de 5,4 millóns de euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A compañía Lonza Biologics Porriño investirá máis de 5,4 millóns de euros na adquisición de catro parcelas na Plataforma Loxística e Industrial de Salvaterra-As Neves (Plisan), sumando uns 102.000 metros cadrados, a maior superficie asignada ata o momento.

Así o anunciou a Xunta este venres nun comunicado, no que sinalou que Lonza Biologics Porriño é a quinta firma que se asentará na Plisan con catro parcelas en réxime de dereito de superficie. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, reuníronse co director da empresa, Keith Dailey, e con outros dous representantes para abordar a incorporación de Lonza Biologics á Plisan.

Na actualidade, Lonza, empresa do sector biotecnolóxico, conta cunha planta no polígono industrial de Torneiros, a uns 20 quilómetros da Plisan. Desde 2006, especializouse na fabricación a medida de proteínas recombinantes e anticorpos monoclonales terapéuticos. A compañía conta con case medio milleiro de empregados.

QUINTA INCORPORACIÓN Á PLISAN

Lonza Biologics Porriño convértese así na quinta incorporación á Plisan, despois de que os conserveira Hijos de Carlos Albo adquirise 63.000 metros cadrados cun valor de case 3,3 millóns de euros en novembro de 2020 e a tecnolóxica BETA Implants se fixese con 5.200 metros por 371.000 euros. Ademais, a conserveira Frinsa adquiriu 41.000 metros por 2,2 millóns e a empresa de augas Gainser sumou 2.650 metros por 190.000 euros.

ÚLTIMAS

Balaídos enfronta de novo a Xunta e Caballero polo camiño de Vigo ao Mundial de 2030

A Xunta de Galicia sinalou este xoves que é "difícil avanzar" nun acordo para...

Dous operarios feridos ao desprenderse parte do forxado dun edificio en obras en Vigo

Dous traballadores resultaron feridos leves na mañá deste xoves ao desprenderse parte do forxado...

García Mateo aposta por unha UVigo máis presente na cidade e conectada coa sociedade

A reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, reivindicou a importancia de...

Veciños do centro de Vigo piden trasladar a acampada pola vivenda para protexer a Alameda

Veciños do centro de Vigo defenderon este mércores a necesidade de primar a protección...