InicioSociedadeSeguen baixando os casos Covid en Vigo, aínda que aumentan os hospitalizados

Seguen baixando os casos Covid en Vigo, aínda que aumentan os hospitalizados

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia mantén a tendencia descendente dos indicadores no marco desta pandemia pola Covid-19 ao reducirse de novo os casos activos, que se sitúan en 32.823 –que implican 532 menos que o día anterior–, así como as persoas hospitalizadas por este coronavirus ata as 584 –supoñen 14 menos–. E os novos, tras tres días con lixeiros aumentos, caen a 2.367 –representan 88 menos que o xoves–. Pola súa banda, a taxa de positividade mantense nun 16 por cento en Galicia, que rexistra outras seis novas vítimas mortais.

Segundo os datos actualizados pola Consellería de Sanidade este venres con rexistros ata as 18,00 horas deste xoves, recollidos por Europa Press, descenden a 32 as persoas hospitalizadas pola Covid-19 en UCI en Galicia –catro menos– e a 552 as ingresadas noutras unidades convencionais –10 menos–, mentres que 32.239 pacientes atópanse en seguimento no seu domicilio. Hai unha semana había 669 hospitalizados.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta en Vigo onde, aínda que se reducen a cinco os pacientes Covid en UCI –un menos–, aumentan a 76 os ingresados noutras unidades –dous máis–. 

CASOS EN DESCENSO

Os casos activos volven descender ata os 32.823 en Galicia. En Vigo (-40), o que sitúa o seu número en 6.985.

FALECIDOS

En canto ás persoas falecidas pola Covid-19 desde o inicio da pandemia aumentan a 3.067 no conxunto de Galicia ao notificar este venres a Consellería de Sanidade outras seis vítimas, todas con patoloxías previas. Na área sanitaria de Vigo morreu un home de 81 anos.

ÚLTIMAS

Un atuneiro dunha empresa viguesa, implicado nun naufraxio cun desaparecido nas Galápagos

O atuneiro 'Ría de Aldán', comprado o ano pasado pola viguesa Wofco, viuse implicado nun accidente...

Restablecen a circulación na ponte de Rande logo dun accidente múltiple que provocou retencións

A circulación na ponte de Rande quedou restablecida despois de algo máis dunha hora...

O AVE Vigo – Porto tardará 50 minutos, pero non se sabe cando estará operativo

Portugal prevé que a conexión en tren de Vigo ao Porto sexa de 50 minutos...

A Xunta intervirá Ambulancias del Atlántico con tres técnicos de Tragsa e xestionará a entrega de nóminas

Os sindicatos CIG, CC.OO. e USO informaron, nun comunicado conxunto, do achegamento de posturas...