InicioSociedadeA área de Vigo pasou de 20.000 contaxiados covid a 7.000 en...

A área de Vigo pasou de 20.000 contaxiados covid a 7.000 en tres semanas

Hai 80 ingresados nos hospitais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os casos activos de Covid-19 en Galicia seguen en descenso no conxunto de Galicia ata os 33.355, que implican 784 menos que a xornada previa, así como os pacientes hospitalizados por este coronavirus, que baixan a 598 –constitúen 26 menos–, mentres que os novos contaxios ascenden a 2.455, que supoñen 19 máis que o día pasado. Pola súa banda, a taxa de positividade aumenta a un 16 por cento en Galicia.

Segundo os datos actualizados pola Consellería de Sanidade este xoves con rexistros ata as 18,00 horas deste mércores, recollidos por Europa Press, baixan a 36 as persoas hospitalizadas pola Covid-19 en UCI en Galicia –unhaa menos– e a 562 as ingresadas noutras unidades convencionais –25 menos–, mentres que 32.757 pacientes atópanse en seguimento no seu domicilio. Hai unha semana había 682 hospitalizados.

Por áreas sanitarias, na de Vigo redúcense a seis os pacientes Covid en UCI –tres menos– e a 74 os ingresados noutras unidades –dous menos–. Tamén se reducen os casos activos coa área de Vigo á cabeza (-311) o que sitúa o número total de contaxiados en 7.025.

ÚLTIMAS

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...