InicioVal MiñorNigránA Xunta incrementa ata 900.000 euros a partida para financiar os servizos...

A Xunta incrementa ata 900.000 euros a partida para financiar os servizos sociais municipais da área de Vigo

Irán destinadas na súa maioría á contratación de persoal e á posta en marcha de programas de atención.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia aumentou ata case 900.000 euros as axudas para financiar os servizos sociais municipais dos concellos da área de Vigo.

Tal como explicou o Executivo galego, estas axudas que se enmarcan dentro do Plan Concertado e irán destinadas na súa maioría á contratación de persoal e á posta en marcha de programas de atención como o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) básico, o funcionamento de escolas infantís de titularidade municipal e a programas sociocomunitarios.

En toda Galicia, o plan conta cun 20% máis de investimento, ata 17,2 millóns de euros. A maior parte da contía, 12,3 millóns, irá dedicado ao cofinanciamiento do persoal dos servizos sociais comunitarios de todos os concellos.

Este incremento permitirá que cinco concellos da área de Vigo (Baiona, Cangas, Nigrán, O Porriño e Vigo) aumenten o seu persoal, para o que se destinarán 121.119 euros.

ÚLTIMAS

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...

A Fiscalía pide ano e medio de prisión para un home acusado de acosar con insultos homófobos a un traballador en Vigo

Un home de 39 anos enfróntase a unha petición fiscal de ano e medio...

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...