InicioSociedadeVigo conta case 19.000 casos activos e 88 persoas con Covid nos...

Vigo conta case 19.000 casos activos e 88 persoas con Covid nos hospitais

A presión hospitalaria sobe en todas as áreas sanitarias. Na viguesa, as unidades convencionais suman outros catro pacientes. Nas UCI mantense a situación.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os casos activos continúan en ascenso en Galicia e superan este domingo a barreira dos 70.000 —72.441, concretamente–, mentres que os novos contaxios baixan dos 8.000 e quedan nos 7.838 –776 menos nas últimas 24 horas–. A presión hospitalaria tamén se incrementa con 569 hospitalizados, 30 máis que na última xornada. A taxa de positividade, pola súa banda, continúa en descenso e marca un 21,8%.

Segundo os datos actualizados na mañá deste domingo pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 do sábado, baixan a 54 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en Galicia –dúas menos–, pero ascenden a 515 as hospitalizadas noutras unidades –32 máis–. Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria sobe en todas, menos na Coruña. Así, concretamente en Vigo, mantéñense 10 pacientes Covid en UCI pero rexistra 78 noutras unidades –catro máis–.

CASOS ACTIVOS

Os casos activos manteñen a tendencia ascendente e o maior incremento corresponde á de Vigo (+1.158), tras sumar na última xornada 2.129 novos casos abertos. Á área viguesa séguelle a da Coruña e Cee (+611), Pontevedra e O Salnés (+407), Lugo (+333), Santiago (+123), Ourense (+59) e Ferrol (+33). Así, con máis casos activos mantense a área sanitaria de Vigo, con 18.647.

Segundo os últimos datos actualizados polo Ministerio de Sanidade este pasado venres 14 de xaneiro, a incidencia acumulada a 14 días de Galicia aumenta a 3350,78 casos por 100.000 habitantes, fronte aos 3192,46 de media en España.

ÚLTIMAS

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...