InicioVigo e contornaO PorriñoComerciantes do Porriño opóñense á peonalización dun barrio por medo ás "perdas"

Comerciantes do Porriño opóñense á peonalización dun barrio por medo ás “perdas”

Temen que o cambio leve os seus clientes a outras zonas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Comerciantes do barrio de San Benito, no Porriño, opóñense á peonalización anunciada polo concello da área viguesa para a zona. Así o veñen de apuntar nun escrito dirixido ás institucións locais e que foi posteriormente difundido aos medios de comunicación no que expoñen as súas razóns para contrariar a medida.

O temor dos empresarios localizados en San Benito pasa por que a peonalización poña fin á circulación de persoas pola zona e, en consecuencia, leve á súa clientela habitual a outros lugares. “Non todos os barrios son iguais”, destacan no comunicado achegado ao Concello e co cal pretenden poñer fin á obra.

Tamén censuran, neste aspecto, que a peonalización do espazo podería dificultar os procesos de carga e descarga nos seus negocios. Por estas razóns, opóñense a que as amentadas obras sigan adiante e piden ao Concello que dea resposta aos documentos: “no caso de que a peonalización fracase, quen se fará cargo das perdas dos nosos negocios?”, conclúen.

ÚLTIMAS

O BNG denuncia que o ximnasio de O Berbés carece de seguro de accidentes

O grupo municipal do BNG no Concello de Vigo esixiu explicacións ao goberno local...

Galicia Fest prepara un cartel de luxo para este venres e sábado

O Galicia Fest ultima os preparativos para a súa celebración, este venres e este...

Vigo únese ás mobilizacións de apoio á Flotilla Global Sumud

A cidade de Vigo sumarase este sábado ás mobilizacións de apoio á Flotilla Global...

Vigo rende homenaxe aos alcaldes fusilados polo franquismo hai 89 anos

A Corporación viguesa, encabezada polo alcalde Abel Caballero, xunto a sindicatos, asociacións e outros...