InicioSociedadeA área de Vigo rexistra xa o 25% dos novos casos de...

A área de Vigo rexistra xa o 25% dos novos casos de Covid de Galicia

Dos case 400 novos contaxios, a área sanitaria viguesa existra 119.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia xa supera a barreira dos 3.000 casos activos de covid-19, 3.168 concretamente, o que supón 297 infeccións máis nas últimas 24 horas, tras os 378 novos casos e as 80 altas. Os novos contaxios soben ata os 378, 141 máis que a última xornada, e os hospitalizados tamén se incrementan, con 98 persoas ingresadas por coronavirus –15 máis–. Pola súa banda, a taxa de positividade, ascende lixeiramente e alcanza o 6,62%, tras comezar a semana con case un 8%.

Segundo os datos publicados na mañá deste mércores pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste martes, a Comunidade continúa con 12 pacientes ingresados en UCI pola Covid no conxunto de Galicia, pero increméntanse a 86 os hospitalizados noutras unidades –15 máis–, mentres que 3.070 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, a de Vigo non rexistra variacións en UCI, con tres hospitalizados, pero que conta con 14 ingresados en planta —dous máis–.

MÁIS CASOS ACTIVOS

Galicia acumula 24 xornadas consecutivas de ascenso dos casos activos, que se sitúan en 3.168, o que implica 297 máis que o día pasado ao haber de novo máis contaxios (378) que altas (80).  En concreto, as infeccións activas ascenden de novo nas sete áreas sanitarias galegas, coa de Vigo á cabeza (+105),

MÁIS CONTAXIOS

Tamén os novos contaxios de Covid-19 volven ascender e sitúanse en 378, que constitúen 142 máis que os rexistrados hai 24 horas. Os 378 contaxios foron confirmados por positivos en Probas Diagnósticas de Infección Activa nas últimas 24 horas, deles 119 son da área de Vigo.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...