InicioSociedadeVigo, a área sanitaria onde máis aumenta a presión sanitaria pola Covid

Vigo, a área sanitaria onde máis aumenta a presión sanitaria pola Covid

O número de casos dulicáronse con respecto a hai unha semana.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia case duplica os casos activos de Covid-19 con respecto a hai unha semana ao ascender a 1.975, que supoñen 982 máis que o venres día 12, tras rexistrarse 295 novos contaxios –41 máis que a xornada anterior–. As persoas hospitalizadas por este coronavirus ascenden a 59 –cinco máis– e a taxa de positividade repunta a un 7,34 por cento.

Segundo os datos publicados na mañá deste venres pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste xoves, mantéñense 12 persoas ingresadas en UCI pola Covid en toda Galicia e aumentan a 47 as hospitalizadas noutras unidades –cinco máis–, mentres que 1.916 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta en Vigo, onde hai tres pacientes Covid en UCI e ascenden a 11 os hospitalizados noutras unidades –catro máis–.

CASE 2.000 INFECCIÓNS

Galicia acumula 19 xornadas consecutivas de aumento de casos activos de Covid-19, que ascenden a 1.975, o que implica 226 máis que a xornada anterior, ao haber máis contaxios (295) que altas (69). 

De novo as infeccións activas ascenden nas sete áreas sanitarias galegas, coa de Ourense á cabeza (+78), seguida da de Vigo (+70), que ten agora 430 casos activos.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá o Congreso Internacional de Enxeñaría Naval en 2027

A 66ª edición do Congreso Internacional de Enxeñaría Naval celebrarase en Vigo en 2027,...

Deteñen un mozo de 22 anos con catro ordes de procura

A Policía Local de Vigo detivo este pasado xoves a un mozo, de 22...

O BNG chama a manifestarse o 30 de maio en Vigo ante a presenza dos reis polo desfile das forzas armadas

O BNG presentou este venres na súa sede comarcal de Ferrol a campaña 'Na...

A EFCA incrementa preto dun 5% as súas inspeccións en 2025, con 5.000 infraccións

A Axencia Europea de Control da Pesca (EFCA, polas súas siglas en inglés), con...