InicioSociedadeOs casos activos de Covid seguen a aumentar en Vigo

Os casos activos de Covid seguen a aumentar en Vigo

Rexístranse sete ovos contaxios e mantense sen cambios a presión hospitalaria.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia supera os 900 casos activos de Covid-19 ao ascender a 907, que supoñen 326 máis que hai unha semana, tras rexistrarse 104 novos contaxios –catro máis que a xornada anterior–. Os pacientes ingresados por este coronavirus aumentan a 46 –catro máis– e a taxa de positividade sobe a un 2,9 por cento na Comunidade galega.

Segundo os datos publicados na mañá deste xoves pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste mércores, descenden a 11 as persoas ingresadas en UCI pola Covid –unha menos–, mentres que aumentan a 35 as hospitalizadas noutras unidades –cinco máis– e 861 pacientes atópanse en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta en dúas das sete –Ourense e Ferrol–, alíviase lixeiramente na de Santiago e Barbanza e mantense nas da Coruña e Cee, Vigo, Lugo e Pontevedra e O Salnés –esta é a única de toda Galicia sen ingresados pola Covid–.

En concreto, na área de Ourense continúan dous pacientes Covid ingresados en UCI e aumentan a 13 os doutras unidades –catro máis–; mentres que na de Ferrol seguen tres en críticos e ascenden a catro os doutras unidades –un máis–.

Por contra, na área de Santiago e Barbanza continúa un paciente ingresado por este coronavirus en UCI e descenden a tres os doutras unidades –un menos–; mentres que na de Vigo aínda que queda un en críticos –un menos que o día anterior–, aumentan a tres os hospitalizados en planta –un máis–.

Sen cambios mantéñense as áreas da Coruña e Cee, con tres en UCI e 10 noutras unidades; e a de Lugo, cun en críticos e dous en planta; mentres que a de Pontevedra e O Salnés segue por segundo día sen pacientes Covid.

MÁIS DE 900 CASOS

Por undécima xornada consecutiva aumentan os casos activos no conxunto da Comunidade galega, que se sitúan en 907, o que constitúe 63 máis que a xornada anterior, ao haber máis contaxios (104) que altas (41). Con respecto a hai unha semana hai 326 máis que os 581 rexistrados o xoves 4 de novembro.

As infeccións activas ascenden nas seis das sete áreas sanitarias galegas, coa de Ourense á cabeza (+27), seguida da da Coruña e Cee (+24), Vigo (+7), Lugo (+4), Santiago e Barbanza (+3) e Ferrol (+1); mentres que descenden na de Pontevedra e O Salnés (-3).

Deste xeito, a área da Coruña e Cee mantense á cabeza con 248 casos activos; seguida de Ourense con 229; Vigo, con 126; Santiago e Barbanza, con 78; Ferrol, con 78; Pontevedra e O Salnés, con 76; e á cola continúa a de Lugo, con 72.

Segundo os datos actualizados na tarde deste pasado mércores polo Ministerio de Sanidade, Galicia conta cunha taxa a 14 días de 31,57 casos por 100.000 habitantes, mentres que a media de España ascende a 62,67.

MÁIS CONTAXIOS

Os novos contaxios de Covid aumentan a 104 no conxunto de Galicia, que supoñen catro máis que os 100 deste mércores pasado; tras situarse no martes despois de comezar esta semana con 54. O xoves anterior rexistráronse 77 no conxunto da Comunidade galega. Ata o momento, o luns 11 de outubro houbo 14, a cifra máis baixa desde que Galicia entrou en niveis de ‘nova normalidade’.

Galicia confirmou 106 positivos por probas diagnóstica de infección activa nas últimas 24 horas –algúns corresponden a persoas xa contaxiadas que voltan dar positivo–, dos cales 41 corresponden á área de Ourense; 26, á da Corña e Cee; 12, á de Vigo; 11, á de Lugo; seis, á de Pontevedra e O Salnés; cinco, á de Ferrol; e outro cinco, á de Santiago e Barbanza.

Así, as persoas contaxiadas en Galicia desde o inicio desta pandemia aumentan a 183.973, das que 43.484 corresponden á área da Coruña e Cee; 37.882, á de Vigo; 27.166, á de Santiago e Barbanza; 22.059, á de Ourense; 21.572, á de Pontevedra e O Salnés; 20.072, á de Lugo; e 11.738 á de Ferrol.

Desde o comezo desta crise sanitaria, segundo os datos actualizados por Sanidade, realizáronse 2.921.910 PCR en Galicia, que constitúen 2.882 probas máis que as contabilizadas ata o día anterior, que supoñen unhas 485 menos que as feitas a xornada pasada.

En canto á taxa de positividade das probas PCR –número de infeccións detectadas cada 100 test–, aumenta ao 2,91 por cento, tras ascender ao 2,42% este mércores, despois de situarse no 2,19% o martes e comezar esta semana cun 1,56%.

VÍTIMAS E CURADOS

As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 desde o inicio desta pandemia en Galicia mantéñense en 2.655, ao non notificar este mércores de novo a Consellería de Sanidade ningunha vítima.

Mentres, 180.445 persoas diagnosticadas deste coronavirus curáronse na Comunidade galega desde o inicio desta crise sanitaria, que constitúen 41 máis que as rexistradas ata o día anterior.

ÚLTIMAS

Absolto o acusado de violar a unha moza durmida pola falta de consistencia da versión da denunciante

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ditou sentenza na que...

Condenan a 2 anos de cárcere a unha americana que estafou máis de 158.000 dólares a unha firma viguesa de produtos do mar

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolleu este...

A xuíza acorda o arquivo da causa contra o detido na rúa Mestre Montes por agredir supostamente á súa nai cun garfio

A xuíza de instrución 2 de Vigo acordou o sobresemento e arquivo das actuacións...

Detidos dous homes na rúa Cánovas del Castillo por supostos roubos con forza no interior de 15 coches estacionados

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes como presuntos autores de...