InicioVigo e contornaO PorriñoA alcaldesa do Porriño, disposta a "botarse ao carón" para evitar a...

A alcaldesa do Porriño, disposta a “botarse ao carón” para evitar a moción de censura

Lamenta que "o único obxectivo" de EU-SON sexa a súa dimisión, e non fale de proxectos para esta localidade. O BNG pide a PSOE e EU-SON apostar polo "diálogo" para "impedir" unha entrada do PP no goberno local.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, confirmou este martes que está disposta a “botarse ao carón” e abandonar a Alcaldía para evitar que prospere unha moción de censura (para a que hai contactos entre PP e EU-SON), aínda que advertiu de que é o momento de “retratarse” e pór sobre a mesa “o proxecto político” de cada formación para esta localidade.

A rexedora (que encabezou a lista do PSOE nas pasadas eleccións, pero pediu a baixa de militancia tras verse como imputada en varios procesos xudiciais) lamentou que “a única proposta política” de EU-SON para O Porriño é que a alcaldesa dimita.

“Eu estou disposta a non ser quen entorpeza que siga habendo un goberno de progreso no Porriño. Unha vez que Eva García de la Torre deixa de ser alcaldesa e Esquerda Unida consiga o seu obxectivo, entón que?”, preguntou.

A aínda rexedora subliñou que, en política, non hai que “falar de persoas”, senón de “proxectos que solucionen os problemas reais da xente”, e criticou que EU-SON “nunca puxo iso sobre a mesa”.

Nese sentido, preguntouse se o pensamento político de EU-SON “é tan compatible co PP”, dado que “cos seus arrebatos” o único que propón é que ela marche do Concello, á vez que confirmou que o PSOE contactará con EU-SON para trasladarlle a súa oferta de deixar a Alcaldía.

Con todo, insistiu en que “hai que falar de proxectos” e “retratarse, dicir que visión e proxectos de futuro teñen para O Porriño”. “Porque hai que falar de aprobar o orzamento, o pago da débeda a provedores, falar do convenio con Zona Franca para crear chan industrial, do convenio con Adif para soterrar as vías, das modificacións do Plan de Urbanismo…”, lembrou, e engadiu: “Esta é a nosa folla de ruta, temos o obxectivo do Porriño posto no futuro e Esquerda Unida que quere? Esa é a pregunta”.

CHAMAMENTO DO BNG

O BNG pide a PSOE e EU-SON “reflexionar e retomar a vía do diálogo” para “garantir un goberno estable” no Porriño que “impida a entrada do PP” no mesmo a través dunha moción de censura, o que, segundo advertiu, “paralizaría o avance” da localidade.

ÚLTIMAS

Caballero saca peito e di que Vigo é un “modelo turístico en España”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou que a cidade "continúe sendo un modelo turístico...

O BNG de Vigo pide limitar o uso de petardos no Fin de Ano polos “prexuízos” a animais e persoas maiores

O BNG de Vigo demandou ao goberno local que emita un bando para limitar...

Auxilian en Vigo a un home de 50 anos que entrou en parada cardiorespiratoria en plena rúa, resultando falecido

Os profesionais de emerxencias auxiliaron na tarde deste xoves en Vigo a un home duns...

Comisan en Ecuador máis dunha tonelada de cocaína que tiña como destino o porto de Vigo

A Policía Nacional de Ecuador comisou, en Guayaquil, máis dunha tonelada de cocaína nun colector que...