Vigo mantén a raia os contaxios e suma dous ingresos máis con Covid

Só se detectaron sete contaxios por proba de infección activa nas últimas 24 horas.

Proba de PCR a colectivos especialmente expostos. CONCELLO DE ABEGONDO - Arquivo

Galicia afronta o inicio da ponte do Pilar con outro descenso dos casos activos de Covid-19 que se sitúan en 589, mentres que aumenta lixeiramente a presión hospitalaria con 42 persoas hospitalizadas –catro máis que a xornada anterior–, e os novos contaxios rexistrados mantéñense en 33. A taxa de positividade baixa a un 0,98 por cento no conxunto de Galicia. 

Segundo os datos publicados na mañá deste venres pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas do xoves, seguen 10 persoas diagnosticadas con Covid-19 ingresadas en UCI e aumentan a 32 as ingresadas noutras unidades –catro máis–, mentres que 547 pacientes se atopan en seguimento no seu domicilio.

Concretamente na área de Vigo, a presión hospitalaria aumenta lixeiramente, posto que, se ben segue sen pacientes Covid en UCI, rexistra seis noutras unidades de hopitalización –dous máis–. As infeccións activas redúcense en sete ata as 110; e só se detectaron sete contaxios por proba de infección activa nas últimas 24 horas.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here