InicioVigo e contornaO PorriñoAberto de novo ao tráfico o carril cortado da A-55 tras envorcar...

Aberto de novo ao tráfico o carril cortado da A-55 tras envorcar un camión no Porriño

O camión transportaba unhas cuarenta vacas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O carril da autovía A-55 cortado ao tráfico na madrugada deste pasado mércores debido ao envorco dun camión que transportaba unhas corenta vacas quedou de noite aberto de novo ao tráfico.

Segundo informou o 112 Galicia, o vehículo envorcara sobre as 3,00 horas do pasado mércores no punto quilométrico 18 da A-55 e foi un particular quen avisou ao servizo de emerxencias. En posteriores comunicacións, outra persoa particular indicou ao CIAE 112 Galicia que o vehículo accidentado tratábase dun camión que transportaba animais.

Tras iso, os xestores do 112 Galicia informaron a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Porriño, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e a Protección Civil do municipio. Ademais, tamén se puxeron os feitos en coñecemento do Centro de Xestión de Tráfico e do servizo de mantemento de estradas para restablecer as condicións de seguridade da vía.

No lugar, os medios desprazados sinalaron que o camión estaba envorcado sobre o seu lado esquerdo, que xa non había persoas atrapadas e que tiveran que cortar a circulación dun dos carrís da autoestrada en dirección a Vigo.

Ás 7,00 horas deste xoves a Garda Civil de Tráfico avisou ao 112 Galicia de que a circulación estaba normalizada en todos os carrís da vía, despois de que os servizos de emerxencia conseguisen sacar a todos os animais do camión e retiralo da vía.

O persoal de emerxencias que acudiu ao momento confirmou que o condutor do camión foi trasladado a un centro hospitalario e o seu acompañante tamén precisou asistencia.

En concreto, o 061 enviou unha ambulancia de soporte vital básico que trasladou ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo aos homes J.C.F., de 67 anos, e I.G.C., de 20 anos, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.

ÚLTIMAS

O alcalde de Vigo: “Sánchez fará o que mellor lle conveña a España”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, manifestou que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez,...

Tensión tras as ameazas dun home armado cun machete en Vigo

Un home armado cun machete xerou momentos de tensión en Vigo tras un incidente...

A Policía Local localiza en Salceda un veciño do Porriño desaparecido desde o xoves

A Policía Local de Salceda de Caselas localizou na tarde deste venres a Vicente...

Conxemar reúne en Vigo expertos internacionais para abordar os retos da pesca antes da apertura da feira

Vigo converterase desde este luns nun dos puntos de encontro internacionais do sector pesqueiro...