InicioA LouriñaEstancados os casos Covid na área de Vigo

Estancados os casos Covid na área de Vigo

Baixa a presión hospitalaria pero os contaxiados activos seguen sen cambios.

PUBLICADO O

Os casos activos de Covid-19 en Galicia descenden por baixo dos 2.000 por primeira vez desde finais de xuño e sitúanse en 1.926, mentres que os novos contaxios caen a 48 –13 menos que a xornada anterior– e os pacientes hospitalizados por este corononavirus baixan a 87 –seis menos–. Pola súa banda, a taxa de positividade aumenta a un 2,7 por cento.

Segundo os datos actualizados pola Consellería de Sanidade este martes, con rexistros ata as 18,00 do luns, descenden a 24 as persoas hospitalizadas en UCI pola Covid –unha menos– e a 63 as que se atopan noutras unidades –cinco menos–. Polo seu lado, hai 1.839 pacientes en seguimento nos seus domicilios.

A presión hospitalaria redúcese na área de Vigo, que segue con seis pacientes Covid en UCI e rexistra catro noutras unidades de hospitalización –tres menos–.

MENOS DE 2.000 CASOS

Os casos activos manteñen a tendencia descendente e caen por baixo dos 2.000 ata os 1.926, que supoñen 145 menos que no arranque desta semana, ao haber máis altas (190) que contaxios (48), ao que se engaden tres falecementos.

Deste xeito, Galicia sitúase en niveis de finais de xuño –o día 30 dese mes había 1.930 casos activos de Covid e o 1 de xullo aumentaron a 2.083–. As infeccións activas volven descender en todas as áreas sanitarias, agás a de Vigo que se mantén como a xornada anterior, con 372, que volve ao segundo lugar en número de casos covid tras a baixada na provincia de Lugo, que queda con 356.

MENOS CONTAXIOS

Os contaxios de Covid-19 seguen en descenso e caen a 48 no conxunto de Galicia, que supoñen 13 menos que os 61 cos que comezou a semana na que empezará o outono –este mércores–. Deles, nove corresponden á área de Vigo.

ÚLTIMAS

Detido un home pola súa suposta vinculación co crime da maleta

A Policía Nacional detivo na mañá deste venres a un home pola súa presunta vinculación co...

Vigo rexeita o “caciquismo” do PP na deputación ao “censurar” a relatoras por “causas políticas”

O pleno de Vigo aprobou este venres, cos votos do PSOE e do BNG, unha...

O PPdeG anuncia a “reconstrución” do partido en Vigo “coas mans libres” dos militantes

A xunta xestora do PP de Vigo, presidida por Ana Ortiz, presentouse este mércores formalmente...

Seis adultos e tres nenos quedan atrapados no ascensor Halo, inaugurado o pasado 16 de febrero

Nove persoas, seis adultos e tres nenos, quedáronse atrapados no ascensor Halo de Vigo,...