InicioSociedadeA área de Vigo baixa ata o medio milleiro de casos covid

A área de Vigo baixa ata o medio milleiro de casos covid

Hai un paciente máis nas UCIs, oito en total.

PUBLICADO O

O número de contaxios diarios de Covid-19 en Galicia descendeu nas últimas horas por baixo do centenar, algo que non ocorría desde o pasado 23 de xuño, e segue baixando a cifra de persoas enfermas na comunidade, ata 3.466, aínda que esa baixada non se traduce nunha menor ocupación hospitalaria, xa que mesmo ascende lixeiramente o número de pacientes ingresados.

Así, segundo os datos feitos públicos este luns polo Sergas (con información solicitada ata as 18,00 horas do domingo), nas últimas 24 horas se han rexistrados 89 novos contaxios de Covid, o que supón 57 casos menos que os notificados na xornada anterior. Así, na área de Vigo son 10 os casos novos (17 menos que hai un día). De feito, os casos activos baixan ao medio milleiro (509 casos) tras 66 novas altas. 

PRESIÓN HOSPITALARIA

Con respecto á ocupación de camas en hospitais galegos, esa presión incrementouse lixeiramente, a pesar da tendencia á baixa na evolución dos contaxios e das altas epidemiolóxicas. O último balance do Sergas arroxa unha cifra de 42 persoas en UCI (dúas máis que o día anterior) e 116 en unidades convencionais de hospitalización (7 máis). A área da Coruña ten o maior número de pacientes en coidados críticos, 12 persoas; seguida por Vigo, con 8 pacientes (un máis).

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...