InicioVigo e contornaMosMos recibirá a La Vuelta cunha manifestación ecoloxista

Mos recibirá a La Vuelta cunha manifestación ecoloxista

Demandan "máis transparencia" dos gastos municipais e piden non trocar o acto en "propaganda" da alcaldesa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Xa hai mobilizacións programadas para o paso de La Vuelta por Galicia. O principal evento do ciclismo a nivel estatal será recibido en Mos con pancartas e camisolas verdes para protestar contra a operación urbanística que, nos últimos meses, lanzou a este concello da Louriña aos titulares: a cidade deportiva do Celta que finalmente fixo caer a Xustiza á conta de múltiples irregularidades.

A convocatoria da mobilización vén, precisamente, da plataforma A Auga é Vida, que foi unha das principais formacións implicadas na batalla legal contra a cidade deportiva de Afouteza. Dende a asociación chaman a recibir o evento deportivo, que será retransmitido por televisión, con camisolas verdes e pancartas “en defensa do monte e a auga”.

De igual xeito, a mobilización pretende servir para deixar claro o rexeitamento da plataforma ao proxecto da cidade deportiva da club vigués, un proceso no cal o propio Concello de Mos resultou apercibido polos tribunais. A plataforma cuestiona, de igual xeito, os gastos desenvoltos arredor do paso de La Vuelta pola localidade, pedindo “máis transparencia” e solicitando tamén que o acto non troque nun xesto de “propaganda personalista en torno á figura da alcaldesa”. 

A mobilización terá lugar o vindeiro sábado 4 de setembro, agardándose que o paso dos ciclistas pola zona do Cristo de Belén teña lugar a partir das 16:50 horas. A plataforma chama a colgar pancartas en lugares visibles, como as vivendas situadas ao longo do percorrido, e a ondear bandeiras da propia asociación, que segundo apuntan se poderán recoller de balde no seu local das Pedriñas. “A plataforma ‘A Auga é Vida’ confía en que o Concello e a organización non poñan impedimentos á liberdade de expresión da veciñanza de Mos”, engade.

ÚLTIMAS

O BNG de Vigo propón un plan de 9,5 millóns de euros para frear os desafiuzamentos na cidade

O BNG de Vigo reclamou ao Concello a posta en marcha dun plan municipal...

A Fiscalía pide cárcere para un taxista e un albanel por senllas agresións sexuais en Vigo

A sala do Penal 3 de Vigo acollerá este mércores o xuízo contra un...

Piden 25 anos de cárcere para un home por acosar e ameazar de morte a xuíces, policías e avogados de Vigo

Un home enfróntase a penas que suman 25 anos de prisión como suposto autor...

A Audiencia de Pontevedra xulga a semana que vén a dous homes por agresións sexuais a menores

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá a vindeira semana dous xuízos...